Solapas principales

Remata o curso na Escola Municipal de Teatro con clausuras no Milladoiro e en Bertamiráns

Jueves, 22 de junio de 2023

A Escola Municipal de Teatro de Ames vén de celebrar esta semana diversas mostras de fin de curso. Nelas, o alumnado representou varias obras adaptadas ante un amplo público. Pola súa banda, o grupo municipal de teatro tamén pechou a súa actividade coa estrea de “Non podo máis!” nos auditorios de ambas localidades. Cómpre lembrar que as inscricións para renovar praza na Escola xa están abertas ata o 30 de xuño, mentres que os novos usuarios e usuarias poderán realizar a matrícula a partir do 6 de xullo. 

A Escola Municipal de Teatro, posta en marcha no ano 2021 pola Concellaría de Cultura, clausurou esta semana o seu segundo curso en funcionamento. Así, os rapaces e rapazas de varios grupos de idade, dirixidos por Marta Ríos e Diego Rey, de Talía Teatro, ofreceron diversas mostras de teatro ante os seus achegados para ensinar as habilidades aprendidas ao longo de todo o curso.

Realizáronse clausuras nos dous núcleos urbanos de Ames. A rolda de actuacións comezou o mércores 14 de xuño, cando a rapazada do grupo xuvenil (maiores de 12 anos) interpretou “A morte é unha estupidez”, na Casa da Cultura do Milladoiro.

O martes día 20, o alumnado da escola trasladouse á Casa da Cultura de Bertamiráns. Ás 17:30 horas foi a quenda do grupo infantil que comprende aos nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, que arrincaron con “Xoguemos ao teatro”. O segundo grupo infantil, no que participa a rapazada de entre 7 e 11 anos, interpretou a obra “Berta News”, ás 20:00 horas. E, para rematar, o grupo xuvenil de maiores de 12 anos pechou a xornada con “Mentiras de pandilla”, xa ás 20:30 horas.

Finalmente, o mércores 21, a Escola Municipal de Teatro volveu á Casa da Cultura do Milladoiro co grupo infantil de 3 e 6 anos, que novamente representou “Xoguemos ao teatro”, ás 17:30 horas; e co grupo infantil de 7 a 11 anos, cuxa obra se titula “A raíña das festas”, que actuou ás 20:00 horas.

Estrea da obra do grupo municipal de teatro
Por outra banda, o grupo municipal de teatro conformado por adultos, estreou o pasado 8 de xuño a obra “Non podo máis!” no Milladoiro, acadando unha afluencia masiva. O 18 de xuño ofreceron un novo pase na Casa da Cultura de Bertamiráns, repetindo o gran éxito de audiencia.

“Non podo máis!” puxo sobre o escenario situacións recoñecibles, do día a día, nas que a paciencia dos protagonistas é posta na proba. Baixo esta premisa, mostráronse unha escolma de escenas seleccionadas e creadas para conseguir a complicidade do público.

Renovación das prazas da Escola Municipal de Teatro
Co remate do ano escolar, as persoas que xa forman parte da Escola Municipal de Teatro xa poden renovar a súa praza, ata o vindeiro 30 de xuño. Para facelo, haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Posteriormente, abrirase un segundo prazo, do 6 ao 15 de xullo, para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Neste caso as prazas adxudicaranse por orde de entrada da ficha de inscrición no Rexistro. O proceso de inscrición será o mesmo que para renovar praza. Haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "A Escola Municipal de Teatro pechou o curso no Milladoiro e Bertamiráns"

Un dos grupos da escola municipal de teatro, na Casa da Cultura de Bertamiráns

Multimedia

  • Remata o curso na Escola Municipal de Teatro con clausuras no Milladoiro e en Bertamiráns