Solapas principales

Remata o curso 2024/2025 na Escola Municipal de Teatro con clausuras en Bertamiráns e no Milladoiro

Viernes, 20 de junio de 2025

A Escola Municipal de Teatro de Ames vén de celebrar esta semana diversas mostras de fin de curso. Nelas, o alumnado representou varias obras adaptadas ante un amplo público. Pola súa banda, o grupo municipal de teatro tamén pechou a súa actividade coa estrea de “Soño dunha noite de San Xoán” nos auditorios de ambas localidades. Cómpre lembrar que as inscricións para renovar praza na Escola xa están abertas ata o 26 de xuño. Posteriormente, do 1 ao 11 de xullo abrirá un segundo prazo para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Pódese ver a galería completa de imaxes da clausura na seguinte ligazón

A Escola Municipal de Teatro, posta en marcha no ano 2021 pola Concellaría de Cultura, clausurou esta semana o seu cuarto curso en funcionamento. Así, os rapaces e rapazas de varios grupos de idade ofreceron diversas mostras de teatro ante os seus achegados para ensinar as habilidades aprendidas ao longo de todo o curso.

Realizáronse clausuras nos dous núcleos urbanos de Ames. A rolda de actuacións comezou o martes 17 de xuño na Casa da Cultura de Bertamiráns. Nesta xornada actuaron o grupo infantil (6º infantil, 1º e 2º de primaria), que presentaron a peza “A mellor sopa do mundo”, ás 17.30 horas; o grupo infantil (de 3º a 6º de primaria) puxo en escena a obra “Necesito vacacións”, ás 20.00 horas; e o grupo xuvenil (de educación secundaria) representou a peza “Mortos da risa”, ás 20.30 horas.

Doutra banda, o mércores 18 de xuño, as representacións tiveron lugar na Casa da Cultura do Milladoiro. Nesta xornada actuou ás 17.30 horas o grupo infantil (6º de infantil, 1º e 2º de primaria) representando “O lobo e os porquiños”; ás 20.00 horas foi a quenda do grupo infantil (de 3º a 6º de primaria) con “Os contos perdidos”; e ás 20.30 horas actuou o grupo xuvenil (de educación secundaria) representando a peza “Teatrofobias”.

Estrea do grupo municipal de teatro
O grupo municipal de teatro integrado por adultos, estreou o 6 de xuño no Milladoiro a obra “Soño dunha noite de San Xoán”, e o 13 de xuño ofreceron un novo pase na Casa da Cultura de Bertamiráns. Con esta obra o grupo municipal de teatro de Ames representou unha das pezas máis emblemáticas de Shakespeare e do teatro universal.

O elenco de dito grupo está formado por Eduardo Castelo, Carmela Pardal, Ilduara García, Gene Martínez, Maite Fajardo, Marisa Peña, Cris Botrán, Anna Reig, Iván Tourís, Emilia Mayo, Pablo Núñez, Esteban Paz, Tatiana Duro, Mirella Vázquez e Marichelo Cajide. A peza está baixo a dirección de Diego Rey.

Renovación das prazas da Escola Municipal de Teatro
Co remate do ano escolar, as persoas que xa forman parte da Escola Municipal de Teatro xa poden renovar a súa praza, ata o vindeiro 26 de xuño. Para renovar praza haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Posteriormente, abrirase un segundo prazo, do 1 ao 11 de xullo, para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Neste caso as prazas adxudicaranse por orde de entrada da ficha de inscrición no Rexistro. O proceso de inscrición será o mesmo que para renovar praza. Haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Logo da comprobación por parte do departamento de Cultura da existencia de praza vacante, enviarase á persoa interesada a confirmación de praza e a folla de autoliquidación para que proceda a facer efectivo o pagamento seguindo o mesmo procedemento que se indica anteriormente, no primeiro prazo de inscrición. As solicitudes que non obteñan praza pasarán a formar parte da lista de agarda por se houbese algunha baixa ao longo do curso.

Remata o curso 2024/2025 na Escola Municipal de Teatro con clausuras en Bertamiráns e no Milladoiro

Multimedia

  • Remata o curso 2024/2025 na Escola Municipal de Teatro con clausuras en Bertamiráns e no Milladoiro