Solapas principales

A Proa acolle a presentación de Dronfore, unha iniciativa que empregará drons para protexer o monte, na que participan as entidades amesás Catec e dooingIT

Viernes, 02 de octubre de 2026

O Espazo colaborativo A Proa acolleu hoxe a presentación do proxecto DRONFORE (“Drons para a protección do monte galego”), unha iniciativa que se leva a cabo co obxectivo de vixiar os montes e restaurar as zonas queimadas, entre outras cuestións. Para levalo a cabo destináronse 2,82 millóns de euros e unha axuda de 1,69 millóns do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), cofinanciada pola Unión Europea a través do programa Galicia FEDER 2021-2027.

O proxecto Dronfore, impulsado por seis empresas, dúas delas de Ames (Catec e dooingIT), foi presentado hoxe no espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro. Trátase dun proxecto de investigación industrial que desenvolve un sistema integral pensado para vixiar o monte, restaurar zonas queimadas, e certificar créditos de carbono mediante o uso de drons. Na presentación participaron representantes das seis empresas e maila concelleira de Promoción Económica e Emprendemento, Ana Belén Paz.

Este proxecto será levado a cabo durante 30 meses (2026-2028) por un consorcio de seis entidades, liderado pola empresa galega AEROMEDIA UAV.  Nesta iniciativa colaboran cinco empresas máis, entre as que se atopan as amesás CATEC (Centro Avanzado de Tecnoloxías Aeroespaciais) e dooingIT Ciberseguridade, cuxo persoal se coñeceu a través da xornada Innovames. As participantes restantes son SIXTEMA Proyectos de Información, CUATRO DIGITAL Technology, e 3EDATA Enxeñaría Ambiental. No encontro estiveron presentes a concelleira de Promoción Económica e Emprendemento do Concello de Ames, Ana Belén Paz; e representantes das seis empresas impulsoras do proxecto.

A concelleira, Ana Belén Paz, sinalou que a presentación que hoxe acolleu o Espazo A Proa é de gran importancia para o Concello xa que “trátase de dúas empresas de Ames que se unen para traballar xuntas, e para nós é un orgullo, porque temos empresas moi importantes, e que se fusionen entre elas e fagan sinerxías, creo que é algo moi bonito”.

Continuou abordando a importancia do tecido industrial de Ames, e sinalando que este sempre contará co apoio do Concello: “en Ames témolo todo, non fai falta buscar empresas fóra cando xa as tes no propio concello. A verdade é que Catec e dooingIT son empresas importantes, e creo que o proxecto que presentan en común é moi bonito e moi interesante, porque a restauración do ecosistema post-incendio é algo moi importante para o noso concello. Despois dun incendio volver a recuperar toda a zona verde, arborado e todo o sistema natural, é moi importante.”

O Director de Proxectos de Aeromedia, Carlos de La Rocha, explicou que se trata dun proxecto moi ambicioso, e que “está composto por tres eixos verticais, que son o desenvolvemento dun dron cautivo para vixilancia; outro dron para sementado posterior aos incendios, para facer esa restauración; e un dron para a toma de datos con sensores LiDAR multiespectrais, para despois poder facer análises enfocadas a poder detectar reservas de carbono”.

Deste xeito, o proxecto propón unha vixilancia post-incendio a través de drons, que permitan a xestión de emerxencias. Ao mesmo tempo, empregaranse modelos de IA de extracción automática para poder obter datos sobre o terreo. Ademais, co emprego de integración de datos UAS, satelitais e ambientais, poderase facer unha análise, seguimento de ecosistemas e a planificación para a restauración do terreo. Por último, empregaranse estes sistemas aéreos para a dispersión de sementes, orientado á restauración das zonas afectadas polos incendios forestais.

Obxectivos do proxecto
É moita a ambición e os obxectivos cos que as empresas participantes afrontan este proxecto, cun fin común e claro: coidar dos nosos montes e desenvolver técnicas e tecnoloxía que permita poder facelo dende Galicia, sen recorrer a empresas de fóra da comunidade.

Nesta liña, entre os principais obxectivos atópanse desenvolver novas capacidades tecnolóxicas no ámbito forestal, ter a capacidade de ofertar novos produtos e servizos, así como abrirse a novos mercados.

Os resultados están pensados para a xestión forestal, así como para os propietarios das comunidades de montes e os xestores de emerxencias. Ademais, estes proporciónanlle ás empresas participantes novas oportunidades nos mercados de carbono na monitorización ambiental.

Trátase dunha importante proposta para o tratamento do territorio arrasado polas chamas en Galicia, contribuíndo á súa restauración, repoboación e recuperación da súa biodiversidade.

A Proa acolle a presentación de Dronfore, unha iniciativa que empregará drons para protexer o monte, na que participan as entidades amesás Catec e dooingIT

Multimedia

  • A Proa acolle a presentación de Dronfore, unha iniciativa que empregará drons para protexer o monte, na que participan as entidades amesás Catec e dooingIT