Solapas principales

Preto de 80 rapaces e rapazas participan dos campamentos xuvenís organizados pola OMIX

Miércoles, 17 de julio de 2019

Preto de 80 rapaces e rapazas de Ames participan durante esta semana dos dous campamentos municipais do Concello de Ames que organiza a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). Así, 48 rapazas e rapaces de 1º a 3º de ESO están no campamento xuvenil Diverlanhoso de Portugal, mentres que 30 mozos e mozas de 4º da ESO a 2º de bacharelato gozan da saída Aventura por Asturias. O regreso de ambos campamentos está previsto para o próximo sábado, 20 de xullo.

Os 48 rapaces e rapazas de 1º a 3º de ESO saíron o pasado domingo, 14 de xullo, cara Portugal. Durante os primeiros días de convivencia en Diverlanhoso, as mozas e mozos aproveitaron a estancia para facer actividades como quick jump, camiñata acuática, salto de péndulo, tiro con arco, cerbatana ou piscina. Ademais, durante os últimos días de campamento gozarán doutros moitos pasatempos, como os pontes colgantes, tirolina, canoa, rafting, paintball e actividades acuáticas. A rapazada volverá a Ames o próximo sábado, 20 de xullo. A hora prevista de chegada é ás 18:30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro e ás 18:45 horas no Pazo da Peregrina en Bertamiráns.

Aventura por Asturias

O luns, 15 de xullo, tamén partiu cara Asturias un grupo de  30 mozos e mozas de 4º da ESO a 2º de bacharelato, para participar do campamento Aventura por Asturias. O primeiro día xa o aproveitaron para visitar a praia das catedrais, comer en Cudillero e, xa en Bustiello, onde se aloxan, bañarse no río. O martes a xornada serviu para realizar o tradicional descenso do Sella (17 km) e dar un paseo por Arriondas. Hoxe mesmo aproveitan o día para visitar o MUMI, museo da minería, e practicar barranquismo no descenso do barranco do Rubo. Para pechar a semana, os mozos e mozas farán espeleoloxía na Cova de Pando, adentrándose por covas totalmente seguras e adaptadas iluminadas con luz artificial e frontal, sendeirismo polos Lagos de Covadonga e unha actividade de 4x4. O regreso a Ames deste grupo está previsto para o sábado, 20 de xullo, arredor das 19:00 horas.

Coa organización dos campamentos de verán, o Concello de Ames busca ofrecer unha oferta formativa de desenvolvemento persoal concibida para, de xeito progresivo, dotar ás crianzas e ás mozas e mozos das ferramentas precisas para lograr a autonomía e a independencia, ao tempo que se promove a cooperación e o respecto, ademais dun estilo de vida saudable ligado ao medio natural, ao deporte e á cultura.

campamento xuvenil 1

Multimedia

  • campamento xuvenil 2
  • campamento xuvenil 3
  • campamento xuvenil 4
  • campamento xuvenil 5