Solapas principales

Preto de 200 persoas participaron nas andainas teatralizadas polo Mar de Ovellas

Sábado, 03 de mayo de 2025

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística e Turismo, organizou catro rutas polo Mar de Ovellas, incluídas na programación de Rosalía 2025. Houbo tres saídas específicas para o alumnado dos institutos de Ames e realizouse unha para o público xeral. Arredor de 100 rapaces e rapazas do IES do Milladoiro, repartidos en dous grupos, participaron nesta actividade (a primeira saída foi o 18 de febreiro e a segunda o 11 de marzo). Do IES de Ames (Bertamiráns) participaron arredor de 50 alumnos/as que fixeron a andaina o 17 de marzo, mentres que a andaina para a veciñanza en xeral foi o pasado 27 de abril. Nesta cuarta ruta participaron 45 persoas. As andainas estiveron teatralizadas polo persoal do grupo teatral Os Quinquilláns e polo músico Luís O´Caruncho.

O pasado domingo, 27 de abril, en horario de 10.00 a 14.00 horas, volveu a organizarse, por segundo ano consecutivo, unha andaina teatralizada pola Costa do Mar de Ovellas, baseada no poema rosaliano “A probiña, que está xorda...!”. O dito poema localízase nesa costa e está recollido no libro “Mordouelias. Rosalía e as Terras da Maía”, editado polo Concello de Ames e a Fundación Rosalía de Castro cunha introdución explicativa da escritora e experta rosaliana María López Sández.

“Mordouelias. Rosalía e as Terras da Maía” afonda na relación entre as Terras da Maía e a propia vida e obra da autora. Así, no libro percórrense os distintos escenarios do concello amesá vinculados á vida e á obra da escritora. Entre eses escenarios podemos atopar o Pazo da Peregrina, os Muíños de Lapido, a casa paterna de Rosalía en Ortoño e a Costa de Mar de Ovellas, mencionada no poema “A probiña, que está xorda!”.

Ruta teatralizada polos Quinquilláns e polo músico Luís O´Caruncho
A andaina polo Mar de Ovellas desenvolveuse coa colaboración do grupo teatral Os Quinquilláns e do músico Luís O´Caruncho. Durante o camiño, houbo diferentes paradas nas que o grupo de teatro Os Quinquilláns (Tero Rodríguez e Lucho Penabade) e Luís O´Caruncho achegaron aos preto de cincuenta participantes á obra, á traxectoria e á vinculación da escritora co Concello de Ames.

A andaina partiu de Augapesada e finalizou no local social de Trasmonte. O seu itinerario coincide co Camiño de Fisterra – Muxía. O percorrido, de dúas horas de duración, foi de 5 quilómetros, de dificultade media, cunha subida de ata o 10% de desnivel. A actividade rematou no local social de Trasmonte cunha pequena festa con música tradicional e degustación de petiscos.

Rutas escolares polo Mar de Ovellas
Ademais desta ruta para o público xeral, organizáronse andainas adaptadas para o alumnado dos institutos de Bertamiráns e do Milladoiro cun percorrido máis curto que permitiu desenvolver a actividade no horario escolar de tarde.

Deste xeito, o luns, 17 de marzo, realizaron a andaina arredor de 50 alumnos/as do IES de Ames (Bertamiráns), e os martes 18 de febreiro e 11 de marzo foi a quenda do alumnado do IES do Milladoiro (participaron 100 alumnos divididos en dous grupos de 50 rapaces e rapazas).

Preto de 200 persoas participaron nas andainas teatralizadas polo Mar de Ovellas

Multimedia

  • Preto de 200 persoas participaron nas andainas teatralizadas polo Mar de Ovellas