Solapas principales

Preto de 200 persoas inscríbense na campaña solidaria Zocos e Trasnos

Lunes, 21 de diciembre de 2020

187 trasnos repartirán os agasallos que pediron case 200 zocos e zocas (nenos e nenas). Os veciños e veciñas que se anotaron como voluntarios/as, actuarán como “paxes dos Reis Magos” achegando ese agasallo aos “dous puntos Trasnos”. Este ano, debido ás restricións, estes dous lugares de recollida serán na Casa da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. O departamento de Servizos Sociais, a través da Oficina de Voluntariado do Concello de Ames, é a encargada de organizar dita campaña.

200 nenos e nenas de Ames recibirán os seus agasallos o día de Reis grazas a campaña “Zocos e Trasnos”. Esta iniciativa, que se desenvolve por quinto ano consecutivo, é organizada pola Oficina de Voluntariado do Concello de Ames, dependente da Concellería de Benestar Social. O seu obxectivo é que ningún neno/a de Ames quede sen agasallo nestas festas, gracias á colaboración dos trasnos. Estes últimos, son veciños e veciñas voluntarias que achegarán un agasallo de Reis a cadanseu zoquiño/a.

A campaña conta con dous piares fundamentais. Por unha banda os/as zocos/as, que son as nenas e nenos de 0 a 12 anos, que forman parte de familias que non están atravesando un bo momento economicamente. Ademais, compre destacar que este ano, por mor da pandemia provocada pola Covid-19, moitas familias do concello están a pasar unha situación máis crítica que noutras situacións. Pola outra, os trasnos, axudantes dos Reis Magos de Oriente e motores do proxecto, que serán os encargados de “facerse” con ese agasallo e entregalos nos chamados “Puntos Trasnos” que este ano situaranse nas Casas de Cultura de Milladoiro e Bertamiráns.

A organización desta iniciativa é a encargada de recoller as cartas escritas polas crianzas aos Reis Magos. Estas cartas chegarán aos trasnos a través dun correo electrónico, dunha mensaxe de whatsapp ao móbil ou mesmo en man, acompañadas dun código identificativo da nena ou neno (non se darán nomes nin apelidos). 

Este ano, debido ás restricións, só haberá dous puntos Trasnos, un na Casa da Cultura do Milladoiro e outro en Bertamiráns. O departamento de Servizos Sociais, a través da Oficina de Voluntariado do Concello de Ames, é a encargada de organizar a campaña.

Agasallos que non teñan carácter bélico nin sexista

Cada trasno deberá escoller algo do solicitado na carta, que non poderá superar os 30 euros, envolvelo, poñerlle o código que identifica o seu zoco e facelo chegar a eses Puntos Trasno. Compre salientar que os agasallos deben cumprir dúas premisas básicas: non ter carácter sexista nin bélico. Finalmente os agasallos serán entregados ás familias para que todos os zocos poidan desfrutar do seu agasallo no día de Reis. Pídese aos voluntarios e voluntarias, que deixen o tícket de cada produto. 

Cómpre destacar a solidariedade do persoal da empresa Tecalis que colaborou nesta campaña solidaria encargándose das cartas de 20 zoquiños e zoquiñas. 

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: Zocos e Trasnos de Ames dá 200 agasallos ós nenos"

cartel zocos e trasnos