Solapas principales

Preséntase o proxecto de renovación da iluminación pública do núcleo urbano de Bertamiráns

Miércoles, 21 de septiembre de 2022

O Pazo da Peregrina acolle este xoves, 22 de setembro, ás 20.00 horas, a presentación do proxecto de renovación da iluminación pública do núcleo urbano de Bertamiráns, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. Dita actuación foi adxudicada por un importe de 437.511,85 euros (IVE incluído). A actuación principal é a substitución de 940 luminarias convencionais por outras con tecnoloxía LED, de potencia inferior pero que achegarán un fluxo luminoso similar. As persoas que acudan a dito evento recibirán un USB de 8GB, con forma de bombilla, que forma parte das accións de comunicación que hai que realizar sobre dito proxecto.

O Concello de Ames está inmerso no desenvolvemento das actuacións recollidas na EDUSI Impulsa Ames. Un dos proxectos que está adxudicado e que comezará a executarse proximamente é o proxecto de renovación da iluminación pública do núcleo urbano de Bertamiráns. Para dar a coñecer dita actuación entre a veciñanza e mailas asociacións do concello, vaise a presentar este proxecto nun acto público que terá lugar este xoves, 22 de setembro, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina.

No acto intervirán a concelleira da unidade executora da EDUSI encargada deste proxecto, Susana Señorís, o redactor do proxecto da empresa Giga Soluciones, Pedro Antes, e mailo alcalde de Ames, Blas García. As persoas que acudan a dito evento recibirán un USB de 8GB, con forma de bombilla, que forma parte das accións de comunicación que hai que realizar sobre dito proxecto.

O Concello de Ames considera necesaria unha reforma integral, que actualice as instalacións existentes e incremente a eficiencia enerxética das mesmas, permitíndolle ao Concello optimizar os recursos, tanto económicos como humanos, dedicados ás mesmas. En concreto, as actuacións previstas pódense clasificar en dous grupos: substitución de luminarias por outras con tecnoloxía LED e reforma da instalación eléctrica.

Actualmente os 940 puntos de luz sobre os que se actuará son luminarias con lámpadas de vapor de sodio alta presión, LED, haloxenuros metálicos e vapor de mercurio e potencias de 250 W, 150 W, 125 W, 80 W e 50 W que non cumpren co regulamento de eficiencia enerxética nas instalacións de iluminación exterior, e os centros de mando dos que se alimentan atópanse nun estado de conservación deficiente, non cumprindo co regulamento electrotécnico de baixa tensión (REBT). Así mesmo, a cualificación enerxética das distintas instalacións é deficiente, non alcanzando en ningún caso o nivel A.

Resultados que se agardan
Os resultados esperados que se pretenden alcanzar coa operación son:
    • A mellora da eficiencia enerxética.
    • A redución da contaminación lumínica.
    • A redución do consumo de enerxía final en infraestruturas públicas.
    • A implantación de solucións integradas en eficiencia enerxética.
    • A redución anual de gases efecto invernadoiro (GEI).

O contrato “Renovación da iluminación pública do núcleo urbano de Bertamiráns” ten encaixe na liña A6, “Programa de mellora dos índices de consumo de enerxía nas vías, infraestruturas e edificios públicos”, da estratexia DUSI Impulsa Ames e que se sitúa dentro do ámbito do Programa Operativo Plurirrexional de España – FEDER, axustándose ás categorías de intervención ás que haberá que atribuír o gasto da operación.

Características do contrato
A actuación principal é a substitución de 940 luminarias convencionais por outras con tecnoloxía LED, de potencia inferior pero que achegarán un fluxo luminoso similar. As novas luminarias dispoñerán de driver pre-programado para redución de fluxo de maneira automática de forma temporizada unha vez activada a orde de aceso das instalacións.

Ademais, levarase a cabo a reforma dun cadro de mando e a instalación de 6 novos. Esta actuación contribuirá a reducir o consumo enerxético do municipio, buscando a eficiencia na xestión enerxética das infraestruturas e equipamentos públicos.

A presente actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha taxa de cofinanciamento do 80% dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020, enmarcado dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Impulsa Ames, de conformidade coa Resolución do 21 de xullo de 2017, da Secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, pola que se resolve a concesión definitiva de axudas da segunda convocatoria para a selección de estratexias de desenvolvemento urbano sostible e integrado.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Presentan o proxecto para iluminar a capital da Maía"

Preséntase o proxecto de renovación da iluminación pública do núcleo urbano de Bertamiráns

Multimedia

  • As persoas que acudan a dito evento recibirán un USB de 8GB, con forma de bombilla, que forma parte das accións de comunicación que hai que realizar sobre dito proxecto
  • Imaxe da localidade de Bertamiráns