Solapas principales

Preséntanse os proxectos gañadores do concurso de ideas para construír 140 novas vivendas no Milladoiro

Jueves, 15 de octubre de 2026

O alcalde de Ames, Blas García, acompañou hoxe á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, no acto de presentación dos proxectos gañadores do concurso de ideas para as novas 140 vivendas que se van construír en Ames. Allegue, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, deu a coñecer hoxe nun acto na Cidade da Cultura o fallo deste concurso convocado coa colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia para o deseño destas futuras promocións que se construirán en solo cedido polo Concello de Ames. En total, o valor estimado do concurso e dos contratos vinculados ao mesmo ascende a 1,4M€.

Entre as 121 propostas recibidas, o xurado elixiu seis finalistas, e na segunda parte do procedemento requiriu aos equipos a elaboración dun anteproxecto dos seus deseños. Finalmente, o primeiro premio do concurso foi para o proxecto “24CRUCES”, elaborado pola UTE Peris-Toral Arquitectes SCPP + Creus e Carrasco arquitectos SLP, de xeito que a este estudo corresponderalle desenvolver os edificios correspondentes ás parcelas AR3 e AR6 deste solo situado en Galdrachán.

O segundo galardón obtívoo a proposta “LIMIAR00”, a cargo de Mariña Sabela Jordan de la Peña, a quen corresponderá o desenvolvemento dos edificios vinculados ás parcelas AR4 e AR5. E o terceiro foi para o proxecto “TRAMA 26”, a cargo de BASIC-AAP, SLP e co equipo formado por Begoña Fernández-Shaw Zulueta, Carlos Rebolo Maderuelo e Alejandro Caraballo Llorente. Este galardón queda vinculado ao proxecto correspondente á parcela AR8.  

Estes tres premios están dotados con 5.000 euros cada un e permiten aos gañadores obter os contratos para a redacción dos proxectos básicos dos inmobles, así como a redacción dos proxectos de execución, a elaboración da documentación técnica vinculada e a dirección de obra.

Outorgamento de accésits
En canto aos accésit, o primeiro foi para “EN COMUNID4DE”, de Javier Couto Granja, mentres que o segundo recaeu na proposta “MUTABL3”, a cargo de Gabriel Alarcón Sabarís e Inmaculada Hervés González e o terceiro para “1 Comunidade flexible e permeable”, a cargo de Manuel Jesús Pallas Rodríguez e María Alonso Mosquera. Neste caso, os gañadores recibirán 5.000 euros cada un.

En total, o valor estimado do concurso e dos contratos vinculados ao mesmo ascende a 1,4 millóns de euros. 

121 propostas recibidas
A conselleira recoñeceu a creatividade das 121 propostas recibidas e puxo en valor o talento, “a calidade excepcional froito da sensibilidade e da reflexión” dos profesionais da arquitectura “que deseña espazos para contribuír a mellorar a vida das persoas e fortalecer a comunidade”. Salientou a “imprescindible” colaboración de este sector “para crear novos espazos que dean respostas ás diferentes maneiras de vivir que temos hoxe en día, con espazos polivalentes e con maiores comodidades”.

Allegue situou a Galicia como exemplo de construción de vivenda pública de calidade “que debe ser o reflexo da nosa identidade” e destacou a aposta da Administración autonómica para construír “pensando nas persoas verdadeiros fogares con modelos que sexan flexibles, inclusivos, sostibles e altamente eficientes, pero sobre todo dignos”.

Neste senso, emprazou ao sector a aproveitar este momento de intensa actividade licitadora para entre todos, “posicionar a Galicia como exemplo dunha vivenda pública integral, moderna e respectuosa coas persoas que habitan e tamén coa súa contorna”. Allegue apuntou que “entre todos estamos creando comunidade” e formas de habitar  e integrados na contorna, “porque as zonas comúns, de lecer e esparexemento considerámolas tamén importantes para un verdadeiro barrio”. E incidiu en que “a vivenda pública galega que queremos, pensamos e construímos, é sobre todo e ante todo accesible”.

Neste senso, destacou a singularidade desta actuación en Ames, nun ámbito de algo máis de 4.400 metros cadrados para explorar novos formatos e novas tipoloxías de edificación adaptadas á demanda. “Estas 140 vivendas de promoción pública que imos construír desde da Xunta no concello de Ames son un exemplo” ao igual, sinalou, os concursos de ideas para construír vivendas, aloxamentos compartidos e residencias xuvenís en Santiago e A Coruña, aos que se presentaron 57 propostas.

Ademais do sector, a conselleira tamén incidiu na necesaria colaboración de todas as administracións no reto da vivenda, de xeito especial os Concellos.

219 vivendas de protección oficial no Milladoiro
O alcalde, Blas García, recordou os inicios e explicou que “cando empezamos a plantexar a cesión destas cinco parcelas, que ao final acabaron sendo seis, acórdome de que ao principio non parecía nada fácil, tivemos varios atrancos que acabamos resolvendo entre todos”.

Ademais, o rexedor municipal destacou que “os compromisos en política, deben acabar converténdose en feitos. Este é un compromiso que tiñamos nós como grupo de goberno, e tamén por parte da Xunta de Galicia, e é un compromiso que hoxe é unha realidade, e que dentro de dous anos será unha realidade total. Eu son un gran defensor da política útil, de proximidade, da política na que falamos diariamente cos cidadáns. E se hai algo que me reclaman, é a capacidade de poder entendernos dunha vez entre as distintas administracións, e entre os distintos partidos políticos en temas tan importantes como polo que estamos hoxe aquí que é o da vivenda”.

Neste sentido, aclarou que “desde un primeiro momento, a pesar de ser de partidos políticos diferentes e de administracións diferentes, fomos capaces de chegar a un acordo e a un consenso porque sabiamos que era bo para a cidadanía. Estámolo vendo neste momento, no que a vivenda está no centro do debate político. Desde o Concello de Ames e a Xunta de Galicia anticipámonos a isto, e fomos capaces de dar os pasos necesarios para poñer a disposición dos veciños e veciñas de Ames e da contorna máis de 200 vivendas públicas”.

Rematou facendo fincapé na importancia de traballar e de apostar pola vivenda, e declarou que “eu creo que é bo todo este traballo que estamos facendo pola vivenda, tanto en Galicia como no concello de Ames. Porque a vivenda, a pesar de estar recollida na Constitución coma un dereito que temos todos, é algo que para todas aquelas persoas que teñan unha vivenda ou que adquiren unha vivenda, facilítalles máis dignidade humana, cohesión social, e algo moi importante, que é a liberdade”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames estrena la nueva arquitectura de vivienda pública en Galicia con el proyecto de 140 pisos en O Milladoiro"

El Diario de Santiago: "24CRUCES, Limiar00 y TRAMA26 ganan el concurso para diseñar 140 nuevas viviendas públicas en Ames"

El Correo Gallego: "Los atrios para comunicar y mantener la temperatura triunfan en Ames entre los ganadores de las 140 viviendas públicas"

Finalmente, trasladou o seu agradecemento á Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e tamén ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. “Está demostrando que está facendo unha aposta persoal e política pola vivenda, e independentemente de onde esteamos cada un de nós, creo que é bo trasladalo e facelo público”.

Preséntanse os proxectos gañadores do concurso de ideas para construír 140 novas vivendas no Milladoiro

Multimedia

  • Preséntanse os proxectos gañadores do concurso de ideas para construír 140 novas vivendas no Milladoiro
  • Preséntanse os proxectos gañadores do concurso de ideas para construír 140 novas vivendas no Milladoiro
  • Preséntanse os proxectos gañadores do concurso de ideas para construír 140 novas vivendas no Milladoiro
  • Preséntanse os proxectos gañadores do concurso de ideas para construír 140 novas vivendas no Milladoiro
  • Preséntanse os proxectos gañadores do concurso de ideas para construír 140 novas vivendas no Milladoiro
  • Preséntanse os proxectos gañadores do concurso de ideas para construír 140 novas vivendas no Milladoiro
  • Preséntanse os proxectos gañadores do concurso de ideas para construír 140 novas vivendas no Milladoiro
  • Preséntanse os proxectos gañadores do concurso de ideas para construír 140 novas vivendas no Milladoiro