- Tematica
A Policía Local de Ames traballa no seguimento e control do cumprimento das medidas derivadas do nivel de restricións en que nos atopamos. Ao longo da semana pasada a Policía Local impuxo 25 propostas de sancións. Deste total, 10 foron en relación á prevención do botellón e 14 polas reunións de non convivintes entre a 1 e as 6 da mañá.
O corpo da Policía Local de Ames traballou ao longo de toda a pandemia para previr a transmisión da COVID-19. Este traballo de seguimento e control do cumprimento das medidas establecidas foi clave para evitar a expansión da pandemia no concello.
Ao longo da pasada semana e debido ao aumento da incidencia entre os mozos e as mozas de Ames a Policía Local levou a cabo tarefas en relación á prevención do botellón e para previr as reunións de non convivintes entre a 1 e as 6 da mañá. Neste senso impuxeron 10 propostas de sancións pola práctica do botellón e 14 pola reunión de non convivintes durante a madrugada. Son un total de 24 propostas de sancións encamiñadas a previr a transmisión da COVID-19 e a reverter os datos que nos sitúan dende hai máis de 15 días no nivel alto de restricións.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia:"La Policía Local de Ames puso 25 multas por no cumplir medidas anticovid"
Compostela 24 Horas: "A Policía Local de Ames propuxo 25 sancións por incumprir as medidas derivadas da COVID-19 durante a pasada semana"