Solapas principales

Pídese civismo para evitar que se repitan pintadas en varios dos edificios municipais

Jueves, 20 de enero de 2022

Nas últimas semanas detectáronse pintadas en diversos edificios municipais como o Pazo da Peregrina, CEIP Agro do Muíño, edificio do comedor do CEP de Ventín, anexo da Casa da Cultura de Bertamiráns e no mobiliario público (marquesiñas, caixas de instalacións eléctricas, etc.). Debido a iso dende o Concello de Ames solicítase civismo e facer un bo uso das instalacións e locais municipais. Estase traballando para eliminar ditas pintadas e agárdase que este tipo de comportamentos non se repitan porque estas condutas poden ocasionar infraccións recollidas na lei do patrimonio cultural de Galicia.

É responsabilidade de todos e todas coidar o noso patrimonio histórico e das instalacións municipais. Ante as últimas pintadas detectadas nas últimas semanas en varios locais municipais, dende o Concello de Ames faise unha chamamento ao civismo e pídese facer un bo uso de ditas instalacións.

Hai uns días apareceron pintadas feitas en diferentes partes do perímetro do edificio principal do Pazo da Peregrina, un dos elementos de maior valor patrimonial do municipio. Tamén se realizaron pintadas ao carón da fonte que está situada na praza central do Pazo. Ademais, realizáronse pintadas no edificio do CEIP Agro do Muíño, no edificio do comedor do CEP de Ventín, no anexo da Casa da Cultura de Bertamiráns e no mobiliario público (marquesiñas, caixas de instalacións eléctricas, etc.).

Nalgúns casos estas pintadas son moi difícil de eliminar porque a pintura é absorbida pola pedra, por iso se pide responsabilidade é non realizar actos vandálicos deste tipo. Estase traballando para eliminar ditas pintadas e agárdase que estes comportamentos non se repitan porque este tipo de condutas poden ocasionar infraccións recollidas na lei do patrimonio cultural de Galicia.

O concelleiro de Patrimonio Histórico, David Santomil, explica que “as agresións contra o patrimonio histórico poden conlevar sancións económicas importantes e mesmo accións penais. É fundamental a concienciación sobre o valor patrimonial das cousas”.

A concelleira de Cultura, responsable da xestión dos locais municipais, tamén pide responsabilidade para coidar das instalacións que son propiedade do Concello porque son un ben de todos e todas. Ademais, este tipo de actos implica un gasto extra de recursos humanos e económicos para eliminar as pintadas. Ditos recursos poderían ser destinados a outro fin.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Más civismo contra las pintadas en Ames"

El Correo Gallego: "Reclaman responsabilidade ante a vaga de pintadas en bens municipais"

 

Realizaron pintadas ao carón da fonte que está situada na praza central do Pazo

Multimedia

  • Hai uns días apareceron pintadas feitas en diferentes partes do perímetro do edificio principal do Pazo da Peregrina
  • Hai uns días apareceron pintadas feitas en diferentes partes do perímetro do edificio principal do Pazo da Peregrina
  • Pídese civismo para evitar que se repitan pintadas en varios dos edificios municipais
  • Pídese civismo para evitar que se repitan pintadas en varios dos edificios municipais
  • Pídese civismo para evitar que se repitan pintadas en varios dos edificios municipais
  • Pídese civismo para evitar que se repitan pintadas en varios dos edificios municipais