- Tematica
Paula Castiñeira Olveira, veciña do Milladoiro, é a gañadora da segunda edición do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca na campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. Na segunda edición deste concurso participaron 4 persoas. O obxectivo do certame, que organizou a Concellaría de Benestar Social e Igualdade, é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidades con respecto á comunidade LGTBIQ+. O premio do concurso será entregado mañá durante o acto de conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, que se vai celebrar dende ás 11.00 horas no Paseo da Igualdade, ao carón do pavillón polideportivo do Milladoiro. Darase lectura ao manifesto institucional e haberá actividades para todos os públicos con talleres de pintura de bolsas, obradoiros de pintura de pedras e mural, taller de pulseiras e para elaborar espetadas de lambonadas, música, e unha Holi Party.
Con motivo da conmemoración este sábado, 28 de xuño, do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, organizou o concurso de fotografía LGTBIQ+. O Concello de Ames puxo en marcha este certame dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. O obxectivo é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidade con respecto á comunidade LGTBIQ+.
Unha vez finalizado o prazo para presentar as fotografías, o xurado decidiu que a foto gañadora é a de Paula Castiñeira Olveira, veciña do Milladoiro. Na segunda edición deste certame participaron 4 persoas. Tres son veciños/as do Milladoiro: Paula Castiñeira Olveira, Sergio Martínez Calvo, e Camino Tellado Fernández, mentres que María Porras Alcón enviou a súa imaxe dende Murcia.
Paula Castiñeira Olveira e Sergio Martínez Calvo presentaron dúas fotografías, mentres que Camino Tellado Fernández e María Porras Alcón presentaron unha foto. As fotografías tiñan que ser orixinais e inéditas. Cada participante podía presentar dúas fotografías como máximo. As instantáneas podían realizarse con calquera tipo de técnica e estilo.
Conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
O premio do concurso será entregado mañá durante o acto de conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, que se vai celebrar este sábado, 28 de xuño, dende ás 11.00 horas, no Paseo da Igualdade, ao carón do pavillón polideportivo do Milladoiro.
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, destaca que “un ano máis no concello de Ames imos a celebrar o 28 de xuño no que se conmemora o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+. Convidamos a toda a veciñanza a que participe nas diferentes actividades que se van a celebrar co obxectivo de darlle maior visibilidade ao colectivo LGBTIQ+. Durante a mañá do sábado haberá varias actividades para todos os públicos. Os nenos e nenas terán diferentes obradoiros e daremos lectura ao manifesto institucional”.
Programación de actividades para todos os públicos
Ás 11.00 horas lerase o manifesto institucional no Paseo da Igualdade, no Milladoiro. A continuación entregarase o premio ao gañador/a do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca na campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”.
Por outra banda, haberá actividades para todos os públicos con talleres de pintura de bolsas, obradoiros de pintura de pedras e mural, taller de pulseiras e para elaborar espetadas de lambonadas, música, e unha Holi Party. A través desta actividades o departamento de Igualdade reivindica a plena igualdade no concello e pon de manifesto a loita contra calquera tipo de discriminación.
Ademais, decorouse o Paseo da Igualdade, no Milladoiro, e maila rúa do Ameneiral, en Bertamiráns, con bandeiras coas cores LGTBIQ+. Tamén se colocou un novo monolito en Costoia en un novo elemento decorativo na rúa de Abaixo, no Milladoiro.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Paula Castiñeira gaña o premio do Orgullo LGTBIQ+"
El Correo Gallego: "Paula Castiñeira, do Milladoiro, gaña o segundo certame fotográfico LGTBIQ+"
Diario de Santiago: "Paula Castiñeira Olveira gaña a segunda edición do concurso fotográfico LGTBIQ+, en Ames"

















