Solapas principales

Os voluntarios/as de Protección Civil de Ames reciben formación continúa sobre aspectos relacionados coas súas tarefas de apoio a cidadanía

Sábado, 08 de mayo de 2021

A Policía Local de Ames, o GES de Brión e persoal médico do 0.61 son algúns dos encargados da formación dos voluntarios/as de Protección Civil de Ames. Malia que na pandemia unha boa parte da ensinanza realizouse por vía telemática, a situación actual permite que moitos dos cursos xa se poidan facer de xeito presencial. Recentemente acaba de impartirse un curso de Primeiros auxilios. Tamén están en marcha cursos de violencia de xénero, coordinación e seguridade de grandes eventos e incendios forestais.

Como un cidadán da pé pode chegar a converterse nun colaborador eficiente que actúe en situacións extraordinarias? Como alguén sen experiencia pode regular o tráfico, colaborar na extinción dun incendio ou prestar auxilio nun accidente?  A formación continúa que os voluntarios/as de Protección Civil reciben en materias como tráfico, seguridade viaria, coordinación en eventos e primeiros auxilios capacita aos homes e mulleres de vocación solidaria que conforman o persoal da asociación en Ames para actuar nas distintas situacións que se lles presentan.

Formación on line
Neste último ano, e por mor da situación sanitaria, moitos dos cursos fixéronse a través da rede. Varios voluntarios/as de nova inscrición realizaron na Academia Galega de Seguridade Pública o curso básico de formación inicial a través do que se lles outorga o título de voluntario/a. Tamén, e a través de ANAV, A Asociación Nacional de Asociacións e agrupacións de Voluntarios de Protección Civil España, realizouse recentemente un curso de “Intervención en presencia de riscos biolóxicos COVID19”.

Formación presencial
Porén, na actualidade, e sempre que as circunstancias o permiten, a ensinanza volve ser presencial e fondamente práctica. Recentemente, 18 voluntarios/as realizaron un curso de Primeiros Auxilios que impartiu persoal do 0.61. Entre os/asistentes había varios homes e varias mulleres que acababan de incorporarse e que recibían o curso por primeira vez. Emporiso, tamén asistiron algúns veteranos/as que desexaban “refrescar” coñecementos.  

O actual alcalde de Ames e concelleiro de Protección Civil, Blas García, di que "desde a creación de Protección Civil nos marcamos como obxectivo que os voluntarios e voluntarias estivesen preparadas e formadas ante calquera situación ou emerxencia, e por iso apostamos e apoiamos a diario esa preparación que se organiza desde a dirección local da Agrupación".

Para Juan Pérez Crespo, presidente da Agrupación de Protección Civil de Ames, o valor da formación é esencial para os voluntarios e voluntarias: “Temos que colaborar con diferentes institucións e estar formados nas distintas areas que nos podemos atopar. É un punto moi importante e necesario porque estar actualizados e realizar practicas fai que sexamos mellores á hora de actuar nas nosas intervención”.

Pola súa banda, a voluntaria Beatriz Vázquez, engade que “ademais, os cursos fomentan o traballo en equipo e a coordinación entre os voluntarios e voluntarias”.

Próximos cursos
A Agrupación Local de Protección Civil de Ames ten previsto realizar proximamente un curso de Servizo de Prevención de Incendios, co Distrito 3 de Incendios Forestais, e outro de apoio Loxístico e apoio de extinción”. Ademais, apoiados pola Consellaría de Seguridade Cidadá, os voluntarios e voluntarias de ames participarán, xunto coa Policía Local de Ames e os conserxes dos pavillóns e as casas de Cultura, nun obradoiro no que   aprenderán o manexo dos desfibriladores automático e semiautomático e técnicas de reanimación cardiopulmonar.

Na actualidade, 33 homes e mulleres conforman o persoal da Agrupación de Protección Civil de Ames. Calquera persoa que queira sumarse a este labor solidario pode poñerse en contacto con eles a través ddo teléfono 273 17 88, do enderezo electrónico avpcames@gmail.com e da páxina de Facebook.enderezo electrónico avpcames@gmail.con e da páxina de Facebook.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Voluntarios de Protección Civil aprenden e melloran ca élite do gremio"

Protección Civil Ames.

Multimedia

  • Protección Civil Ames.
  • Protección Civil Ames.