Solapas principales

Os Reis Magos visitaron aos nenos e nenas da escola do Bosque

Martes, 05 de enero de 2021

Os pequenos e pequenas da Escola Infantil Municipal do Bosque recibiron a visita dos Reis Magos. Os cativos e cativas puideron darlles as cartas cos agasallos que piden e falar con eles. 

Hoxe pola noite chegarán os Reis Magos e deixarán agasallos a todo/as nenos e nenas. Non obstante, antes fixeron unha parada na escola Infantil Municipal de O Bosque, en Bertamiráns. Deste xeito, o alumnado puido entregarlles as súas cartas coas peticións e falar un ratiño con eles.

Últimas paradas dos Reis Magos

Hoxe 5 de xaneiro, os Reis deixaranse ver por última vez nos Pavillóns Municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. O horario de recepción Real será de 11.30h a 14.00 horas, e pola tarde, de 16.30h a 21.00 horas. É importante ter en conta que este ano, por mor das condicións sanitarias que impón a COVID19, estableceuse un sistema de cita previa. Para pedir cita hai que facelo a través da sede electrónica do Concello, dentro do apartado "Solicitar cita previa". Cada unha das citas é para unha unidade familiar. Podes pedir cita previa a través de este enlace e despois seguir estes pasos: 

• Seleccionar segundo desexe "Reis Magos Bertamiráns" ou "Reis Magos O Milladoiro".

•  Marcar o día 5 de xaneiro e darlle a Ver dispoñibilidade. Aparecerán 4 opcións, que deberán despregarse para consultar se hai oco libre no horario que mais lle conveña. 

 

Visita dos Reis Magos.

Multimedia

  • Visita dos Reis Magos.
  • Visita dos Reis Magos.
  • Visita dos Reis Magos.
  • Visita dos Reis Magos.