Solapas principales

Os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque achegáronse a distintas profesións

Martes, 02 de mayo de 2023

A cativada da escola infantil municipal O Bosque, situada en Bertamiráns, coñeceu diversas profesións ao longo do mes de abril. Por unha banda, recibiron a visita das familias dos nenos e nenas de 2-3 anos para achegárense as súas profesións. Pola outra, visitaron a escola colectivos profesionais como a Policía Local de Ames, o G.E.S. de Brión, a asociación de cans de apoio e rescate “Só lles falta falar” ou persoal do Centro de Día de Rois para amosarlles o seu traballo, os seus uniformes ou o seu material de traballo.

A EIM O Bosque elixiu como temática para o mes de abril as profesións. Ao longo de todo o mes o alumnado recibiu a visita das familias dos nenos e nenas de 2-3 anos para coñecer as súas profesións. Cada familia realizou unha actividade sinxela para que a cativada entendera en que consiste a súa profesión, como se desenvolve o seu traballo e mesmo fixeron algunha práctica. Ademais, moitas familias agasallaron aos nenos e ás nenas con algo representativo do seu traballo para que seguisen practicando nos seus fogares.

Ademais, dende a Escola convidaron a varios colectivos profesionais a que visitaran ao alumnado cos seus uniformes e utensilios de traballo para amosarllos aos cativos e cativas. Unhas visitas que axudaron á cativada a comprender outras profesións que ven con frecuencia na súa vida cotiá. Entre os colectivos que visitaron a escola están a Policía Local de Ames, o G.E.S. de Brión, a asociación de cans de apoio e rescate “Só lles falta falar” ou persoal do Centro de Día de Rois.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Los niños de la escuela infantil municipal O Bosque de Ames conocieron numerosas profesiones"

Revista AmesGO: "Os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque achegáronse a distintas profesións"

Os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque achegáronse a distintas profesións

Multimedia

  • Os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque achegáronse a distintas profesións