Solapas principales

Os equipos xuvenís do Milladoiro SD proclámanse campións de Liga e logran o ascenso de categoría

Lunes, 11 de mayo de 2026

Os dous equipos xuvenís do Milladoiro Sociedade Deportiva acadaron o título de Liga e o correspondente ascenso de categoría. O equipo xuvenil A acadou o ascenso á Liga Galega e consolídase como un dos referentes da categoría. Pola súa banda, o equipo xuvenil B proclamouse campión de Terceira, logrando así o salto á Segunda División, tras unha tempada marcada pola constancia, o traballo e o compromiso colectivo. Deste xeito, a canteira do Milladoiro SD segue medrando e demostrando que o traballo ben feito sempre ten recompensa.

O Milladoiro SD vén de realizar unha temporada histórica no fútbol base. Esta pasada fin de semana os dous equipos xuvenís acadaron o título de liga e o correspondente ascenso de categoría. 

O equipo xuvenil A certificou o ascenso á Liga Galega e consolídase como un dos referentes da categoría. Por outra banda, o equipo xuvenil B proclamouse campión de Terceira, logrando así o salto á Segunda División, tras unha tempada marcada pola constancia, o traballo e o compromiso colectivo.

Este dobre éxito supón un fito sen precedentes para o Milladoiro SD, que ve recompensada unha traxectoria de anos baseada no esforzo, a formación e unha aposta firme polo fútbol base. O traballo coordinado de xogadores, corpo técnico e estrutura deportiva permitiu construír un proxecto sólido que hoxe recolle os seus froitos.

Desde o Milladoiro SD quérese destacar o orgullo que supón este logro para toda a familia do club e para a contorna, así como agradecer o apoio constante das familias, afeccionados e colaboradores. Ademais, destacan que o futuro preséntase ilusionante para unha canteira que segue medrando e demostrando que o traballo ben feito sempre ten recompensa.

Os equipos xuvenís do Milladoiro SD proclámanse campións de Liga e logran o ascenso de categoría

Multimedia

  • Os equipos xuvenís do Milladoiro SD proclámanse campións de Liga e logran o ascenso de categoría
  • Os equipos xuvenís do Milladoiro SD proclámanse campións de Liga e logran o ascenso de categoría
  • Os equipos xuvenís do Milladoiro SD proclámanse campións de Liga e logran o ascenso de categoría