- Tematica
A pasada fin de semana os deportistas amesáns, Xoan David Parga Garcia e Olivia Parga Garcia, participaron na II xornada da liga nacional de karate celebrada en Pontevedra onde se reuniron cerca de 700 deportistas de toda España. Xoan David Parga competiu na categoría sénior <60 kg onde disputou dous combates, mentres que Olivia Parga competiu en categoría cadete <47 kg e disputou cinco combates perdendo por decisión arbitral no combate pola medalla de bronce.
Os irmáns Parga García participaron a pasada fin de semana na II xornada da liga nacional de karate celebrada en Pontevedra. Xoan David Parga García competiu na categoría sénior <60 kg onde disputou dous combates, no primeiro impúxose por 5-0 ante un rival de Ferrol, mentres que no segundo perdeu 5-0 contra un dos mellores rivais da categoría, que a pesar de que dito rival chegou ata semifinais non lle permitiu a Xoán disputar a repesca.
Por outra banda, Olivia Parga, que participou convocada pola RFEK nun adestramento antes da competición, competiu en categoría cadete <47 kg disputando 5 combates. No primeiro impúxose por 9-1 á rival de Alicante do club Kuro Obi, mentres que no segundo combate impúxose por 3-1 á rival do club No-Kachi de Granada. Xa en cuartos de final perdeu 3-1 contra a madrileña do Kam. A pesar diso conseguiu entrar na repesca e puido loitar polo bronce despois de eliminar á rival do club Arenas de Asturias por 4-0. Na loita final polo bronce enfrontouse á karateka do club Karate Xabi Andorra, onde empatou 0-0 e non conseguiu a vitoria por decisión arbitral.
Agora Xoán David trasládase ata Langreo esta fin de semana para disputar a II xornada da categoría sub 21 e tratará de quedar entre os oito primeiros de España para clasificarse para a fase final que se vai disputar en Tenerife. Ademais, ambos deportistas están preparando o campionato galego que se vai celebrar en Ferrol o dia 11 de outubro, que lles pode dar o pase para o campionato de España de Xaén que se vai a celebrar no vindeiro mes de novembro.
Novas relacionadas:
Diario de Santiago: "Os deportistas amesáns Xoan David e Olivia Parga Garcia participaron na II xornada da liga nacional de karate celebrada en Pontevedra"






