Solapas principales

Os bebés do Apego explorarán cos seus cinco sentidos no taller “O cesto dos tesouros” o próximo venres 25

Jueves, 17 de febrero de 2022

Continúan as actividades do programa Apego de Ames co obradoiro sensorial “O cesto dos tesouros”, unha proposta de xogo enfocada a bebés de 6 a 18 meses para que exploren obxectos da vida cotiá. O taller, impartido por Eva Blanco, busca estimular os seus cinco sentidos e facelos avanzar na propia autonomía. A proposta terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, o venres 25 de febreiro, e con dúas sesións: a primeira ás 17:00 horas e a segunda ás 18:30 horas. A inscrición, de balde, poderá realizarse dende hoxe ata o 24 de febreiro, enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, no que se indique nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto, idade das crianzas e sesión escollida.

O Apego de Ames propón para pechar este mes de febreiro que as familias descubran o que é un cesto dos tesouros, un xogo moi sinxelo con materiais naturais que favorece o desenvolvemento das crianzas máis pequenas. A idea desta actividade é que as nenas e nenos accedan a un tesouro cheo de diferentes obxectos, co fin de que poidan interactuar con diferentes texturas, formas, tamaños, pesos, cores, sons, ou mesmo olores e sabores.

Este obradoiro impartido por Eva Blanco (@mama.monete) está dividido en dúas partes. Na primeira explicaráselles ás familias de xeito conciso en que consiste o cesto dos tesouros, e como e cando facelo na casa. Na segunda parte as crianzas interactuarán cos materiais que o cesto ten gardados para elas.

A actividade é de balde e as persoas interesadas en participar só teñen que enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que indiquen nome e apelidos das asistentes, teléfono de contacto, idade das crianzas que as acompañen e sesión escollida. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe ata o xoves 24 de febreiro. Non se admitirán inscricións fóra de tempo e as prazas asignaranse respectando a orde de recepción das solicitudes.

A programación infantil con Apego do primeiro semestre de 2022 pode consultarse ao completo premendo nesta ligazón.

O programa Apego, actividades, formación e recursos para familias

O programa Apego vai dirixido a todas as familias de Ames que estean a esperar un bebé ou que xa o teñan con idade entre 0 e 6 anos. É un proxecto cooperativo de varios concellos para promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia a través de actividades e de recursos para facilitar e mellorar a crianza.

As familias interesadas poden sumarse ao programa poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames. Para ese primeiro contacto poden optar por diferentes vías: cubrir o formulario "Súmate ao Apego" na páxina web apego.gal, escribir a normalizacion@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 662 377 215.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Un obradoiro sensorial animará ós bebés a que exploren obxectos o 25"

Os bebés do Apego explorarán cos seus cinco sentidos no taller “O cesto dos tesouros” o próximo venres 25

Multimedia

  • Os bebés do Apego explorarán cos seus cinco sentidos no taller “O cesto dos tesouros” o próximo venres 25