Solapas principales

Os amesáns Iván Rial e Tiago Larramendi, ouro e prata nos campionatos galegos de judo cadete

Martes, 12 de abril de 2022

Os deportistas Iván Rial Díaz e Tiago Larramendi Balladares, veciños de Ames, disputaron o pasado domingo 3 de abril en Marín o campionato galego de judo en categoría cadete, acadando resultados moi positivos. Rial Díaz proclamouse campión na modalidade de -90kg, mentres que Larramendi Balladares foi segundo na categoría -50kg. Ambos judocas compiten co Escola Judo Club, que leva as escolas deportivas municipais de Ames e que conta con grupos en Vedra, Boqueixón, Ames, Rois, Santiago de Compostela e Teo.

O domingo 3 de abril Marín acolleu os campionatos galegos de judo masculinos e femininos, nas categorías cadete e infantil. Nestas citas, dous judocas amesáns tiveron papeis destacados nas súas respectivas categorías de peso, conseguindo unha vitoria e un subcampionato.

O mellor papel da xornada tívoo Iván Rial Díaz, veciño do Milladoiro, que se proclamou campión galego cadete na categoría de -90 kg, e que xa prepara a súa participación no campionato de España, que se celebrará en Pamplona. O xove deportista foi quen de rematar 3 combates grazas a tres estrangulacións en Judo chan, que serven como recompensa ao seu traballo de especialización nos movementos deste tipo.

A outra actuación destacada foi a de Tiago Larramendi Balladares, de Bertamiráns, que rematou subcampión no peso de -50kg. Larramendi chegou nun gran estado de forma e conseguiu un segundo posto que deixou boas sensacións, só con algún erro puntual de estratexia no combate final que impediu a vitoria. No seu mesmo peso, o seu compañeiro de club Endika Miguel García Garazo acompañouno no podio, levando o bronce.

Ambos deportistas compiten co Escola Judo Club, que na actualidade xestiona a disciplina de judo nas escolas deportivas de Ames. Ademais, contan con varios grupos de mozos e mozas judocas en varios concellos da zona, como Vedra, Boqueixón, Ames, Rois, Santiago de Compostela ou Teo.

Novas relacionadas:

AMSGO!: "Iván Rial e Tiago Larramendi, ouro e prata galegos de judo cadete"

Os amesáns Iván Rial e Tiago Larramendi, ouro e prata nos campionatos galegos de judo cadete

Multimedia

  • Os amesáns Iván Rial e Tiago Larramendi, ouro e prata nos campionatos galegos de judo cadete