Solapas principales

Os alumnos/as da Escola Municipal de Música de Ames rematan o curso cun concerto na Casa da Cultura de Bertamiráns

Sábado, 21 de junio de 2014

[21-06-2014] O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns quedou pequeno para acoller a todas as persoas que asistiron este venres pola tarde ao concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA). A cita comezou ás 20:00 horas e nel participaron os alumnos/as da escola que tocaron pezas amenas, e interpretaron tanto autores clásicos como autores máis modernos. Este concerto clausurou o curso 2013-2014 e serviu para mostrarlles ás familias do alumnado e á cidadanía en xeral o traballo que se desenvolveu durante estes oito últimos meses na EMMA. A concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, tamén asistiu a este concerto de fin de curso.


Actuación dos grupos de combo 
Para rematar o acto de fin de curso, os alumnos e alumnas de combo xuvenil, que estivo composto por David Amoza (batería), Óscar Fernández (guitarra), David Reino (baixo, Aida Raíndo (voz) e Pablo García (congas), interpretaron o tema Tal para cual, de Luz Casal.

O concerto rematou coa actuación do grupo de combo de adultos que estivo composto por Rafael Pardo Montaña (voz e saxo), Óscar Fernández Rodríguez (guitarra), Luís Durán Ageitos (guitarra), Eva Millares (baixo) e Pepo Suevos (batería), que tocaron os temas Salta, de Tequila, e Resistiré, do grupo El dúo dinámico.

Por outra banda, as alumnas de saxofón Sofía Enríquez Rubal e Unai Peral Fernández interpretaron o tema popular, Ve y dile a tía Rody, mentres que Mara e Antón Riveiro Alonso, Ángel Sánchez Nimo, Roi Fernández Candocia, David Ramón Paz Ferreira, Juan Alfredo Martínez Pereiro, Celia Tajuelo Sánchez e Luís Bao tocaron a peza O son do ar, do grupo Luar na lubre. O alumnado de canto tocou o tema Let it go, que pertence á banda sonora de Frozen: El reino del hielo.

Na parte final do concerto, a orquestra de frautas, saxos e percusión interpretou a banda sonora de Piratas del Caribe, e Javier Abel Grandío (guitarra), Nerea Montes Pérez (frauta) e Iria Güimil Fuentes (violín) tocaron o tema Camiño de Santiago, de Carlos Núñez.

Actuacións de canto moderno
As nenas e nenos que asistiron ás clases de canto moderno interpretaron os seguintes temas; Solo tú, de Paula Rojo (Celia Proupín); I think about you, de Roos Lynch (Lucía Núñez); Unfaithful, de Rihana (Paula Barral); Blanco y negro, de Malú (Sara Millán); Just tonight, de Pretty Reckless (Carmen Castro); Tú eres mi canción, de Lucía Gil (Maíte Pellegrino); Mil maneras, de David Bisbal (Mario Uzquiaga); I wanna dance with somebody, de Whitney Houston (Rebeca Soliño); Garota de Ipanema, de Antonio Carlos Jobim (Vicente Carballo-voz e Óscar Suarez-guitarra).

Posteriormente, interviu o alumnado de violín que tocaron os temas I don´t want ti miss a thing, de Aerosmith, e Nothing else matters, de Metallica. Tamén actuou o grupo de violíns “Las pesadillas de Aga”, que estivo composto por Javier Abel Grandío (guitarra), Nerea Montes Pérez (frauta), Javier Rouco Almuiña, Mara Riveiro Alonso, David Ramón Paz Ferreira, Iria Gümil Fuentes, Irene Adan Barrientos, Lía Vázquez Lameiro, Guillermo Güimil Fuentes, Nuria Cal Iglesias, Guillermo Lourido Torres, José Manuel Blanco Goldar, Andrés Álvarez Carou, Iria Fernández – Cid Saiz, Carlos Guitier Picón, e Andrés Castelo Corral.

A continuación saíron ao escenario os rapaces e rapazas de 1º e 2º de linguaxe musical, que interpretaron o tema La donna e mobile. Ademais, o coro e o alumnado de 1º de linguaxe musical, así como os membros que cursaron música para adultos (batería: Pepo Suevos; guitarra: Luís Durán; e piano: Pablo Fernández) interpretaron o tema, Que canten los niños.

O alumno de percusión, Nicolás Pato Ces, tocou dous temas populares (A saia da Carolina e A Regueifa), mentres que os percusionistas, David Rouco e Marcos Morán, interpretaron a Obra de Caja y Tom. Por outra banda, a orquestra de guitarras interpretou Palladio (primeiro andamento), concerto Grosso de Karl Jenkins.

O principal obxectivo deste concerto foi que os alumnos e alumnas da escola puideran poñer en práctica as destrezas que adquiriron cos seus instrumentos durante este curso. Aos nenos e nenas failles unha especial ilusión tocar diante dos seus pais e nais, pero tamén para toda a veciñanza en xeral do concello.

O concerto que puxo punto e final ao curso da EMMA comezou coa actuación do alumnado de música e movemento que interpretou o tema Chiqui-chiqui, de Sabaxáns, e Zumba Olé. De seguido, actuaron os alumnos/as de violín. Primeiro interpretaron a canción tradicional, ¿Estrellita donde estás?, e despois foi a quenda do grupo “Jóvenes Águilas”, que estivo composto por Laura Casas Ramos, Roi Manteiga Castano, Iria Fernández-Cid Saiz, Carlos Guitier Picón, Constanza Dapena Blanco, Andrés Castelo Corral, Carlota Curra Filgueira, Xabier Novoa Gómez, Noa Díaz Vizoso, Iván Lodeiro Tato e Guillermo Güimil.