Solapas principales

Ortoño énchese de música popular este domingo da man de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre

Miércoles, 10 de julio de 2019

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre chegan a Ortoño este domingo, 14 de xullo, ao abeiro da xira de presentación do seu novo traballo Noró (Algunhas músicas do norte). Durante o concerto, que comezará ás 19.00h, os quince músicos e músicas farán un percorrido polos trece temas que compoñen este novo disco, e que supoñen unha homenaxe aos sons tradicionais da cultura musical do noroeste da península. Esta actuación forma parte do cartel da XV Festa do chourizo ao viño, que se celebra un ano máis en Ortoño.

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, acompañadas por Gutier e Javier Álvarez, subiranse ao escenario na Carballeira de San Xoán de Ortoño este domingoo, 14 de xullo, para presentar as trece cancións que compoñen o seu novo último traballo Noró (Algunhas músicas do norte). A través deste novo álbum, o equipo ofrece aos amantes do folk unha continuación ao aclamado The tambourine man, que se converteu nun éxito de crítica e público, o que lle valeu numerosos galardóns nos Premios Martín Códax da Música Galega, aRitmar ou os Premios da Música Independente.
 
Noró convertese nunha homenaxe aos sons tradicionais presentes no noroeste da península, a través de pezas como O baile de Noró, Voa o aire, Flor de Abril, Dúas Carballesas, No pido licencia a nadie ou Ronda dos amores. Todo elo interpretado nun directo forte e claro, que se desenvolve coa intención de que os oíntes participen nunha foliada sen precedentes.

Xavier Díaz estará como voz e percusións, ao igual que as trece integrantes do grupo de  Adufeiras de Salitre: Cristina Pico, Iria Penabad, Montse García, Patricia Gamallo, Maite López, Noemi Basanta, Carolina Vázquez, Bea Mariño, Lidia Sanmartín, Gisela Sanmartín, Icía Sanmartín e Mariña García. Pola súa banda, Gutier Álvarez encargarase da zanfona e o violín, mentres que Javier Álvarez tocará o acordeón diatónico.

cartel concerto xabier diaz e adufeiras de salitre

Multimedia

  • cartel concerto xabier diaz e adufeiras de salitre