Solapas principales

As oficinas de Urbanismo e da Policía local contan cun novo sistema de aerotermia

Jueves, 27 de mayo de 2021

Acaban de rematar os traballos de instalación dun sistema de aerotermia na oficina municipal de Urbanismo e Policía Local do Concello de Ames. Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. Dito contrato foi adxudicado  á empresa Climatega SLU por un importe de 34.323,61 euros.

O Concello de Ames incluiu dentro da súa Estratexia DUSI unha liña de acción que aborda un plan de eficiencia enerxética nunha parte relevante dos edificios municipais o que mellorará considerablemente o consumo enerxético dos edificios públicos.

Na anualidade 2018 levouse a cabo unha auditoría enerxética que puxo de manifesto a ineficacia dos sistemas de climatización existentes nas instalacións das dependencias da Policía local e do departamento de Urbanismo. Ata o de agora estes locais dispoñían unicamente de calefacción mediante acumuladores eléctricos, un sistema enerxéticamente ineficiente, e que non garantía o confort de usuarios e traballadores durante os períodos máis fríos do ano. Ademais, carecían de instalación de refrixeración.

Por iso, para mellorar o confort nestas dependencias e mellorar a eficiencia enerxética dos locais, diminuíndo a pegada de carbono das actividades que neles desenvólvense, o Concello de Ames instalou un sistema de climatización consistente nunha bomba de aerotermia que xerará calor ou frío para as diferentes estancias, en función da temperatura exterior.

Este contrato ten encaixe na liña A6, “Programa de mellora dos índices de consumo de enerxía nas vías, infraestruturas e edificios públicos”, da estratexia DUSI Impulsa Ames e que se sitúa dentro do ámbito do Programa Operativo Plurirregional de España – FEDER (en diante POPE-FEDER), axustándose ás categorías de intervención ás que haberá que atribuír o gasto da operación.

Características do contrato
Dito contrato foi adxudicado  á empresa Climatega SLU por un importe de 34.323,61 euros. En base á auditoría enerxética realizada nas dependencias municipais do Concello de Ames considerouse primordial actuar nas dependencias da Policía local e do departamento de Urbanismo. En concreto, instalouse un sistema de climatización consistente en dúas bombas de calor que xerará calor ou frío para as diferentes estancias que permita reducir o consumo enerxético dos edificios.

Para a execución de dita actuación houbo que desmontar e retirar os antigos equipos eléctricos de calefacción. De seguido, procedeuse á subministración e instalación dunha unidade exterior de dúas bombas de calor aire-auga compacta para instalación exterior; a subministración, instalación e posta en marcha de acumulador de inercia; a subministración e instalación de bomba para a elevación de condensados; e a conexión hidráulica, eléctrica e de comunicación e control de todos os equipos, incluíndo o sistema completo de desaugadoiro de condensados dos mesmo.

Ademais, farase a instalación de sistema de comunicación e control de equipos; reparación de perforacións, pases, ocos ou calquera dano ocasionado en teitos, tabiques ou chans realizados durante a instalación do sistema de climatización. Do mesmo xeito, recollerase calquera residuo, embalaxe e desperdicio xerado, transportándoo ao momento limpo ou xestor autorizado correspondente.

Obxectivos da actuación
Os obxectivos que se alcanzarán con esta actuación son, entre outros, os seguintes:

• Redución do consumo anual de enerxía primaria en edificios públicos: aforros enerxéticos significativos (de polo menos unha letra de clasificación enerxética), de acordo co Real Decreto 235/2013, do 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios.
• Implantación de solucións integradas en eficiencia enerxética.
• Redución anual de gases efecto invernadoiro (GEI).

Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha taxa de cofinanciamento do 80% dentro do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014/2020, enmarcado dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Impulsa Ames, de conformidade coa Resolución do 21 de xullo de 2017, da Secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, pola que se resolve a concesión definitiva de axudas da segunda convocatoria para a selección de estratexias de desenvolvemento urbano sostible e integrado.

Obras aerotermia

Multimedia

  • Obras aerotermia
  • Obras aerotermia
  • Obras aerotermia
  • Obras aerotermia
  • Obras aerotermia
  • Obras aerotermia
  • Obras aerotermia
  • Obras aerotermia