Solapas principales

A Oficina de Voluntariado de Ames volve a pór en marcha a campaña de recollida de material escolar

Jueves, 02 de septiembre de 2021

A Concellería de Benestar Social, a través da Oficina de Voluntariado de Ames, pon en marcha, un ano máis, a campaña de recollida de material escolar para tratar de resolver as necesidades dalgunhas familias con menores de Ames.
 Dende a Oficina de Voluntariado xa se viña dando resposta a estas necesidades pero quixemos ir un pouco mais alá e queremos que todos os nenos e nenas de Ames inicien o seu curso escolar en condicións de igualdade.

Estamos a vivir momentos especialmente difíciles pola situación de pandemia na que nos atopamos e as consecuencias económicas que está a deixar a o seu `paso , que aínda son mais graves naqueles casos nos que as  súas condicións xa non eran todo o favorables que serían de desexar.

E por ilo que este curso, ao igual que o anterior, precísase máis participación e axuda da veciñanza amesá que noutras ocasións. O obxectivo desta campaña é recadar material escolar (mochilas, estoxos, carpetas, lapis, cadernos, etc.) para que ningunha nena/o quede sen material durante o curso escolar que vai comezar. O material escolar pódese entregar nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro e na Casa do Concello ata o 30 de setembro, de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas.

A Oficina de Voluntariado, dependente da Concellaría de Benestar Social, recadará cadernos, estoxos, mochilas, lapis, carpetas, cores... para tratar que os nenos e nenas de familias con menor recursos dispoñan de material escolar durante o curso 2021-2022. Trátase de material cun custo que a veces é difícil de afrontar polas familias.

Esta campaña está dirixida ao persoal municipal e político do Concello de Ames, así como a toda a veciñanza que queira participar.

O curso pasado foron moitas as doazóns que se recibiron, tanto particulares como de establecementos o que  permitiu que preto de 40 rapaces e rapazas do noso Concello poideran estrear e dispor do seu propio material como o resto dos seus compañeiros e compañeiras facendo un pouco mais levadeiro ese comezo de curso .

A Covid-19 provocou afectou aos ingresos de moitas familias do concello. É nestes momentos cando as veciñas e veciños debemos colaborar para facer máis fácil á volta ás aulas. Cun pequeno xesto de solidariedade poderase evitar que ningún neno e nena quede sen material para este curso que está a comezar.

Para todo aquel que queira pórse en contacto coa Oficina de Voluntariado de Ames, pódeo facer a través do número de teléfono 662 377 044 ou enviando un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal. O material escolar pódese entregar nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro ata o 30 de setembro, de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas.

Novas relacionadas:

Revista AmesGO: "Solidariedade para abrir o curso escolar"

Campaña Recollida Material

Multimedia

  • Campaña Recollida Material