Correos acaba de anunciar que a partir do 1 de outubro a oficina de Correos situada en Agro da Madelena, no Milladoiro abrirá de 8:30 da mañá a 20:30 horas. O alcalde de Ames, Blas García, valorou moi positivamente esta información que lle pon fin a unha vella reclamación dos veciños e veciñas do Milladoiro.
Correos ampliará dende o 1 de outubro o horario de atención ao público da oficina do Milladoiro. A sucursal, situada en Agro da Madalena número 8, traballará en horario ininterrompido dende as 8:30 ata as 20:30 horas.
Con esta ampliación de horario, Correos busca mellorar a atención aos veciños de Ames e poñer á súa disposición todos os servizos da rede de oficinas tamén pola tarde. Correos atende, ademais deste xeito a reclamación realizada polo alcalde de Ames o pasado 5 de xullo de reforzar o horario da oficina de Correos do núcleo máis grande e poboado do Concello.
Ao coñecer a noticia o alcalde de Ames, Blas García, manifestaba “valoramos moi positivamente a apertura dende o 1 de outubro da oficina do Milladoiro polas tardes. Esta é unha reclamación histórica tanto da veciñanza do Milladoiro coma das distintas Corporacións Municipais”. E engadiu “agradecemos o interese dos dirixentes de Correos ao dar resposta á necesidade dos veciños e das veciñas de contar cun servizo de Correos en horario ininterrompido”.
Oficina multiservizo con horario continuo
O novo horario continuado da oficina e a atención polas tardes permitirá aumentar a fiestra horaria d atención tanto para os cidadáns do Milladoiro como para as empresas que realizan as súas vendas a través da internet e que contan con Correos como o seu operador de paquetería.
Ademais dos sobres e dos embalaxes adaptados ás necesidades dos diferentes envíos, na oficina realízanse os tradicionais servizos de envíos de cartas, xiros, burofaxes ou o envío e recepción de diñeiro internacional a través de Western Union.
Os veciños do Milladoiro poden abonar recibos de calquera subministro, recargar móbiles ou mercar entradas para actividades de ocio e lotería. Tamén teñen á súa disposición billetes de tren AVE, larga e media distancia.
Na oficina os cidadáns poden pagar as sancións de Tráfico, obter o duplicado do permiso de circulación e o informe do vehículo, e mercar os dispositivos medioambientais.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Correos abrirá en O Milladoiro por las tardes desde el 1 de octubre"
El Correo Gallego: "Correos se decide por fin a abrir por la tarde en Milladoiro"
Revista AmesGO: "Correos accede a que a oficina do Milladoiro abra todo o día"