Solapas principales

O violinista Anxo Gómez e as corais de Ames poñen o peche á programación de Nadal

Lunes, 12 de enero de 2026

O Concello de Ames puxo o punto final á programación de Nadal cun balance moi positivo en termos de participación e afluencia, o que pon en valor o traballo realizado polas persoas e entidades implicadas para que a veciñanza puidese gozar dunhas festas completas e cheas de actividades.

Entre os datos máis destacados figuran as máis de 2.000 bolsas repartidas nas Prebadaladas, as case 1.000 familias que participaron nas visitas de Papá Noel e das personaxes Disney, e así como o milleiro de persoas que subiron ao tren de Nadal tanto en Bertamiráns como no Milladoiro.

Tras o Concerto de Reis celebrado o pasado sábado 10 de xaneiro, o Concello fixo balance dunha programación que se desenvolveu entre o 4 de decembro —coa inauguración do alumeado de Nadal na praza do Concello de Bertamiráns— e o 10 de xaneiro, ofrecendo un total de 35 actividades culturais, deportivas, infantís e formativas.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, destacou que “foi unha programación extensa e diversa, na que contamos co apoio do comercio local e cunha excelente resposta da veciñanza. Seguiremos traballando neste sentido para mellorala ano a ano”.

Fin de ano: Prebadaladas, tardeo e festa
As Prebadaladas volveron ser un dos eventos máis multitudinarios do Nadal en Ames. Segundo datos municipais, máis de 2.000 persoas participaron nesta festa matinal, presentada por Fátima Pego, coa actuación do grupo galego The Crooners e das persoas gañadoras do concurso Baila con Ames 2025.

En total, 2.100 persoas recibiron bolsas con cotillón, vaso do Concello, un quinto de cervexa Mahou, arandos doados pola froitería Tómate más Fruta, cotillóns, uvas de gominola e un litro de leite doado por Feiraco, nunha celebración xa consolidada como tradición para dar a benvida ao novo ano.

Este ano, como novidade, levouse a cabo o tardeo e a festa de fin de ano, dous eventos que aspiran a consolidarse como fixos na programación de Nadal do Concello debido ao gran éxito acadado neste primeiro ano que se fixeron, chegando este último a aglutinar case 900 persoas que tiveron dereito a un transporte público seguro para darlle a benvida ao ano novo.

Actividades para nenos e nenas
As propostas dirixidas á infancia foron, unha vez máis, un dos grandes atractivos da programación. Un total de 926 familias participaron nas visitas de Papá Noel e das personaxes Disney en Bertamiráns e no Milladoiro.

O tren de Nadal tamén rexistrou unha elevada afluencia. Esta iniciativa, desenvolvida os días 3 e 4 de xaneiro no marco da Gran Festa de Reis, contou con 689 persoas no Milladoiro e 531 en Bertamiráns, acadando un total de 1.220 visitantes.

Gran Festa de Reis
O tren de Nadal deu paso á Gran Festa de Reis, que incluíu a recepción real e as cabalgatas polas parroquias. Para este evento, contouse coa colaboración da empresa Galirent, así como de Autocares Costa e Casalonga Forestal & Xardín do Milladoiro, que achegaron vehículos para os desfiles.

Durante as cabalgatas repartíronse 550 quilogramos de caramelos, dos cales 50 foron doados polo comercio Center Paloma do Milladoiro. A xornada rematou coa chegada dos Reis Magos aos pavillóns do Milladoiro e de Bertamiráns, onde ata 1.800 familias desfrutaron dunha festa con música, DJ, rosca e chocolate.

Concerto de Reis
Como peche da programación de Nadal 2025, o venres tivo lugar a actuación do violinista Anxo Gómez, seguida o sábado 10 de xaneiro polo tradicional Concerto de Reis, no que participaron as agrupacións corais do municipio: Coral Lojo Batalla, Coro de Nuestra Señora del Corpiño de Oca, Coral de Piñeiro e Ames, Coro Son Elas e a Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido.

Novas relacionadas

Diario de Santiago: "O violinista Anxo Gómez e as corais de Ames poñen o peche á programación de Nadal en Ames"

O violinista Anxo Gómez e as corais de Ames poñen o peche á programación de Nadal

Multimedia

  • O violinista Anxo Gómez e as corais de Ames poñen o peche á programación de Nadal
  • O violinista Anxo Gómez e as corais de Ames poñen o peche á programación de Nadal
  • O violinista Anxo Gómez e as corais de Ames poñen o peche á programación de Nadal
  • O violinista Anxo Gómez e as corais de Ames poñen o peche á programación de Nadal
  • O violinista Anxo Gómez e as corais de Ames poñen o peche á programación de Nadal