Solapas principales

O vicepresidente da Xunta de Galicia e o alcalde de Ames entregaron os carnés de voluntarios/as aos membros da Agrupación de Protección Civil de Ames

Martes, 24 de septiembre de 2019

Esta tarde o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o alcalde de Ames, José Miñones, o concelleiro de Protección Civil, Blas García, o director xeral de Emerxencias e de Interior, Santiago Villanueva, e mailo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, fixeron entrega no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, dos carnés de voluntarios/as aos membros da Agrupación de Protección Civil de Ames. Neste acto tamén participaron outros membros do goberno municipal, así como dos partidos políticos con representación na Corporación municipal. Na actualidade, a Agrupación de Protección Civil do Concello de Ames está formada por un grupo de 34 persoas, que están divididas en catro grupos de traballo.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e mailo alcalde de Ames, José Miñones, entregaron hoxe o carné de voluntario/a aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames. Á entrega tamén acudiron o concelleiro de Protección Civil, Blas García, o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.

O acto abriuno o concelleiro de Protección Civil e voluntario de dita agrupación, Blas García, que destacou o traballo feito polos voluntarios/as de Protección Civil. “Os voluntarios e voluntarias da Agrupación de Protección Civil de Ames levántanse de madrugada para ir axudar a un evento deportivo, a un accidente de tráfico ou a un incendio. Estas persoas teñen familia, pero non dubidan en canto reciben unha chamada, ir axudar no sexa necesario. Por iso me gusta poñer en valor o traballo que fan estas persoas que na maioría dos casos  son persoas formadas para atender calquera tipo de emerxencia. Esta agrupación en Ames leva tan só dous anos, pero neste curto período de tempo formamos un gran grupo de traballo e unha gran familia”.

Trala intervención do concelleiro de Protección Civil proxectouse na pantalla do salón de plenos un vídeo con fotografías das actuacións feitas polos voluntarios/as da Agrupación de Protección Civil de Ames.

A continuación foi a queda do alcalde de Ames, José Miñones, que explicou “que este é un acto símbolo no que se quere homenaxear as mulleres e homes que forman parte desta agrupación de Protección Civil. Hai dous anos que comezou esta andaina de forma oficial co primeiro operativo na I Carreira-Andaina da Familia. Botando a vista atrás resúltanos complicado saber como facíamos antes de existir esta agrupación para  axudar en eventos deportivos e outro tipo de actividades. E moi destacable que colaboredes en eventos deportivos, accidentes de tráfico, incendios, na retirada de niños da avespa velutina e animais abandonados na rúa, etc. Todo isto sen percibir un só euro e doando o voso tempo libre. Este é un acto sentido, que queríamos facer, para agradecerlle o enorme traballo que realizan este homes e mulleres”.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia desta formación dirixida aos integrantes das agrupacións de Protección Civil e que se realizan de forma centralizada desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). Nesta liña, incidiu na necesidade da formación e prevención no eido das emerxencias para ofrecer aos cidadáns a resposta máis eficaz ante calquera incidencia. Alfonso Rueda tamén resaltou a importante labor altruísta dos voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Ames na defensa da seguridade dos seus veciños e na atención ás emerxencias. Por iso, agradeceu o compromiso coa cidadanía e a xenerosidade que demostran no seu traballo do día a día os membros desta entidade creada hai só dous anos e que xa conta con máis de 20 efectivos.

Actuacións realizadas dende 2017
Na actualidade, a Agrupación de Protección Civil do Concello de Ames está formada por un grupo de 34 persoas, que están divididas en catro grupos de traballo. Un dos grupos dedícase a impartir charlas para dar a coñecer entre a veciñanza o traballo que se realiza neste grupo. Así, imparten estas actividades en campamentos, programas lúdicos e entre os membros de diferentes asociacións. Outros dos grupos de traballo dedícase a realizar traballos de control no Camiño Portugués, ao seu paso polo Milladoiro, e no Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía. O terceiro grupo adícase ao control e retirada de niños de vespa velutina, mentres que o cuarto grupo de traballo colabora e presta apoio loxístico na extinción de incendios.

Estas voluntarias e voluntarios contan cos dous vehículos: un Nissan Qashqai e unha pick-up Nissan Navara, dotada de botiquín, lanternas, un cabrestante e demais equipamento. Tamén se conta cunha bicicleta para realizar traballos de control do Camiño de Santiago ao seu paso por Ames. Ademais, a agrupación tamén conta con outros medios que facilitan o seu traballo como cintas sinalizadoras, equipamento de sinalización, equipos de comunicación básicos e vestimenta de protección. O vicepresidente da Xunta dixo que en breve recibirán un remolque para engadir ao material do que dispoñen.

Nos dous anos que leva funcionado esta Agrupación de Protección Civil participou en máis de 2.200 servizos. Interviñeron nun total de 250 accidentes; 300 actuacións de retirada de animais soltos; 300 actuacións por avisos de avespa velutina; máis de 700 niños de avespa velutina retirados; 82 operativos de circulación; 338 operativos de outra índole, etc.

Foto de familia diante da Casa do Concello

Multimedia

  • Acto de entrega dos carnés de voluntarios/as aos membros da Agrupación de Protección Civil de Ames
  • Acto de entrega dos carnés de voluntarios/as aos membros da Agrupación de Protección Civil de Ames
  • Alcalde, vicepresidente da Xunta e concelleiro de Protección Civil
  • Acto de entrega dos carnés de voluntarios/as aos membros da Agrupación de Protección Civil de Ames
  • Acto de entrega dos carnés de voluntarios/as aos membros da Agrupación de Protección Civil de Ames
  • Acto de entrega dos carnés de voluntarios/as aos membros da Agrupación de Protección Civil de Ames
  • Acto de entrega dos carnés de voluntarios/as aos membros da Agrupación de Protección Civil de Ames
  • Acto de entrega dos carnés de voluntarios/as aos membros da Agrupación de Protección Civil de Ames