- Tematica
A Concellaría de Xuventude de Ames organiza, a través do programa Trouleando, unha xornada de surf para a mocidade do concello. Será o vindeiro 22 de abril, en Razo (Carballo) e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. As persoas interesadas poden anotarse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal entre os días 12 e 15 de abril (ambos incluídos). As prazas para participar son limitadas, e asignaranse por orde de chegada.
O programa Trouleando propón unha nova iniciativa para os rapaces e rapazas empadroados no concello de Ames a partir dos doce anos cumpridos (nados/as en 2010). Trátase dunha mañá de surf na praia de Razo (Carballo). A actividade terá lugar o sábado 22 de abril, aproveitando a previsión de bo estado da marea para ese día.
A praia de Razo conta con ondas constantes, garantindo a práctica de surf durante case todo o ano. Para a iniciación neste deporte é suficiente con saber nadar. Os participantes dividiranse en dous grupos e serán guiados por monitores/as. En primeiro lugar, recibirán uns consellos teóricos na area sobre movementos que deben facer na auga para poñerse de pé na táboa de surf. Posteriormente, poderán mergullarse e gozar da experiencia de coller as súas primeiras olas, sempre acompañados/as polos monitores/as.
Os rapaces e rapazas sairán en autobús dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ás 8:30 horas, e dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 8:45. A hora de regreso prevista será ás 15:15 (Bertamiráns) e ás 15:30 (O Milladoiro).
A actividade é de balde, e para participar é preciso anotarse previamente, enviando a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal entre o 12 e o 15 de abril. As prazas son limitades, e irán asignándose por orde de chegada dos correos ata completarse. Será necesario contar cun mínimo de 20 mozos/as para desenvolver a iniciativa. En caso contrario, o Concello de Ames poderá anulala.
Para consultar calquera dúbida e obter máis información pódese contactar co departamento de Xuventude escribindo a xuventude@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 616 083 229.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Bautismo surfero para los jóvenes amesanos de más de 12 años el 22 de abril en Razo"