Solapas principales

O servizo de roza e limpeza do rural xa actuou en tres parroquias amesás dende decembro

Sábado, 29 de enero de 2022

Dende a súa posta en marcha o pasado mes de decembro, a brigada de roza, limpeza e mantemento dos núcleos rurais de Ames levou a cabo traballos nos accesos e interiores das parroquias de Piñeiro, Tapia e da Ameixenda. O servizo, parte do PLAMRURAL AMES, actúa agora na parroquia de Ames, onde recibiu este mércores a visita do alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Medio Rural, Santiago Márquez, que inspeccionaron os labores realizados no lugar de Quintáns.

A brigada de limpeza traballará nas once parroquias nas que se divide o concello de Ames, incluíndo un total de 107 núcleos rurais. Ata o momento, xa se limparon, rozaron e recolleron os 17 lugares das parroquias de Piñeiro, Tapia e da Ameixenda. Agora é a quenda da parroquia de Ames e das súas 18 aldeas, para despois continuar cara a Lens, Agrón, Trasmonte e Covas.

Neste senso, o persoal da brigada recibiu na mañá do mércores 26 a visita do alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, e do concelleiro de Medio Rural, Santiago Márquez, co fin de observar os traballos de roza que se estaban levando a cabo nas marxes da estrada do lugar de Quintáns.

O dirixente amesán amosou a súa satisfacción por este servizo de recente creación, xa que "vén a poñer en valor a importancia dos núcleos rurais do noso concello, cun sistema de limpeza e mantemento que non existía ata o de agora". Así mesmo, García confirmou "a boa acollida que está tendo esta brigada por parte da veciñanza, xa que foron moitas as persoas que nos comunicaron a súa ledicia polo traballo que se está a realizar".

O servizo comezou a actuar en decembro, despois de que fóra adxudicado no pasado mes de outubro á empresa Jardincelas S.L. por 227.754 euros. Os traballos do programa, parte do PLAMRURAL AMES, consisten na realización da roza, limpeza e mantemento das marxes de camiños e estradas, incluíndo a contorna de lavadoiros, igrexas, locais sociais, muíños, beirarrúas ou marquesiñas. Do mesmo xeito, o persoal tamén recolle, carga e transporta os produtos derivados da roza e da retirada de obstáculos, como terra ou maleza.

Precisamente, este equipo de traballadoras e traballadores conta con dúas persoas que recibiron formación no eido forestal nos talleres de emprego que realizan en conxunto os Concellos de Ames e Brión, e proximamente incorporará a unha terceira. O alcalde, Blas García, aproveitou para gabar a capacidade de inserción destes cursos, xa que "cumpren co seu obxectivo de axudar a atopar traballo ás persoas que reciben a formación e participan nos obradoiros ou nos integrados", e recalcou que a brigada “é un claro exemplo da importancia de asistir e participar nestes cursos, así como de dar formación específica para aqueles sectores laborais nos que hai máis demanda".

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "O servizo de limpeza e roza do rural de Ames xa actuou en tres parroquias no último mes"

O servizo de roza e limpeza do rural xa actuou en tres parroquias amesás dende decembro

Multimedia

  • O servizo de roza e limpeza do rural xa actuou en tres parroquias amesás dende decembro
  • O servizo de roza e limpeza do rural xa actuou en tres parroquias amesás dende decembro
  • O servizo de roza e limpeza do rural xa actuou en tres parroquias amesás dende decembro
  • O servizo de roza e limpeza do rural xa actuou en tres parroquias amesás dende decembro