Solapas principales

O SERGAS realizará un cribado este sábado e domingo no centro de saúde do Milladoiro a persoas de 41 a 50 anos

Viernes, 07 de mayo de 2021

O Concello de Ames informa de que segundo se traslada dende a Consellería de Sanidade durante os últimos días houbo un incremento de casos Covid-19. Actualmente, o número de casos activos por Covid-19 en Ames é de 44. A incidencia acumulada a 7 días é de 72 casos, mentres que a incidencia acumulada a 14 días é de 86 casos. Estes datos provocan que Ames dende o día 9 de maio pase a estar en nivel medio de restricións. Isto implica que os aforamentos redúcense na hostalería ata o 30% no interior dos locais e á metade da capacidade nas terrazas. Para detectar casos asintomáticos por Covid-19 vaise a facer un cribado este sábado 8 e domingo 9 de maio no centro de saúde do Milladoiro a persoas de 41 a 50 anos.

Durante esta fin de semana o SERGAS continuará realizando cribados de probas PCR. Deste xeito, está previsto facer un cribado no centro de saúde do Milladoiro este sábado 8 e o domingo 9 de maio, para a realización de probas para detectar casos asintomáticos de Covid-19. Este cribado realízase despois de que no municipio houbese durante os últimos días un incremento de casos activos por Covid-19.

Actualmente, o número de casos activos por Covid-19 en Ames é de 44. A incidencia acumulada a 7 días é de 72 casos, mentres que a incidencia acumulada a 14 días é de 86 casos. Lémbrase que o uso da máscara e o mantemento da distancia de seguridade interpersoal é obrigatoria. Para máis información ou resolver dúbidas pódese chamar ao número de teléfono 673 73 90 11 ou enviando un correo electrónico ao enderezo gabinete@concellodeames.gal.

Dende o Goberno municipal de Ames solicítaselle a todas as persoas convocadas a que acudan a este cribado e amosen a súa responsabilidade e compromiso social. O alcalde de Ames, Blas García, apela “á responsabilidade individual de cada persoa para acudir ao cribado e amosar, unha vez máis, o compromiso da veciñanza de Ames para tratar de detectar casos asintomáticos de Covid-19”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Cribado en Ames durante el fin de semana tras dispararse la COVID"

El Correo Gallego: "Comienza el cribado a 2.400 vecinos por los casos de COVID en Ames"

El Correo Gallego: "Decepción en Milladoiro: sólo acudió al cribado el 64 % de los convocados"

Compostela 24 Horas: "Cribado no Milladoiro esta fin de semana tras dispararse a incidencia"

nivel medio restricions