Solapas principales

O Punto Limpo recolleu preto de tres toneladas de equipos electrónicos durante o mes de decembro

Lunes, 17 de enero de 2022

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo de Ames rexistrou 546 entradas en decembro de 2021. Durante o pasado mes destaca a achega de 2.874 quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, 190 quilogramos de pneumáticos fóra de uso e 115 quilogramos de baterías de chumbo. O Punto Limpo, inaugurado en xaneiro de 2007, está situado na rúa das Hedras, no polígono do Milladoiro, e abre de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas. Os sábados o horario é de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.

O número de veciñas e veciños que fan uso do Punto Limpo para depositar alí os seus residuos segue incrementando, xa que cada vez somos máis conscientes da importancia que ten facer un uso correcto dos refugallos que non se poden depositar nos colectores convencionais.

Deste xeito, durante o pasado mes de decembro realizáronse unhas 546 entradas no servizo, situado na rúa das Hedras, no Milladoiro. Concretamente, a veciñanza amesá depositou 2.874 quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, 100 quilogramos (un metro cúbico) de envases baleiros contaminados, 190 quilogramos de pneumáticos fóra de uso (26 unidades), 115 quilogramos de baterías de chumbo (7 unidades), 3 metros cúbicos de roupa, 100 metros cúbicos de voluminosos e 9 quilogramos de pilas (arredor de 300 unidades).

Ademais, rexistrouse a entrada de 59 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas, 20 metros cúbicos de escombro, 30 metros cúbicos de plásticos, outros 30 metros cúbicos de metais, 90 quilogramos de pintura, 100 metros cúbicos de madeira, 9 metros cúbicos de papel e 27 unidades de aerosois. Cómpre engadir tamén os aceites, 62 litros de aceite vexetal e 28 litros de aceite de motor.

Campaña de concienciación

O Concello de Ames nos últimos anos puxo en marcha varias campañas de concienciación. Durante o pasado ano 2020 as Concellarías de Servizos Básicos e de Transición Ecolóxica realizaron a campaña “Non nos merecemos isto”. Trátase dunha campaña de sensibilización para concienciar á veciñanza sobre a importancia de depositar os voluminosos (mobles e aveños) no Punto Limpo. Esta iniciativa sumouse a outras campañas como “Cada cousa no seu sitio!” ou “ASÍ NON. Lévaos ao Punto Limpo #CoidaAmes” postas en marcha no anterior mandato.

O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro e ata alí poden achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel.

Horarios e teléfono de contacto do Punto Limpo

Este centro está aberto preto de 40 horas semanais en xornada de mañá e tarde entre luns e o sábado. Así, o Punto Limpo abre de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas. Os sábados o horario é de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.

Os voluminosos deben entregarse no Punto Limpo. Outra opción é chamar aos números de teléfono 981 19 12 40 ou 639 10 76 38, para acordar unha data e un lugar, coa finalidade de depositalos xunto ao contedor máis próximo, para que posteriormente se realice a súa recollida.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Os equipos eléctricos tomaron o Punto Limpo"

Compostela 24 Horas: "O Punto Limpo de Ames recolleu preto de tres toneladas de equipos electrónicos durante o mes de decembro"

 

O Punto Limpo recolleu preto de tres toneladas de equipos electrónicos durante o mes de decembro

Multimedia

  • O Punto Limpo recolleu preto de tres toneladas de equipos electrónicos durante o mes de decembro