O centro de depósito de residuos do Concello de Ames rexistrou un total de 772 entradas durante o pasado mes de xuño. O Punto Limpo do Milladoiro, situado na rúa das Hedras, rexistrou 745 usuarios/as, mentres que o Punto Limpo Móbil contabilizou 27 usuarios/as. A tendencia dos últimos meses é que se superen as 700 entradas, uns datos que poñen de manifesto a responsabilidade de toda a veciñanza de Ames en materia medioambiental e a importancia de separar e reciclar residuos. Este servizo pode empregarse para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais.
A mestura de formigón, ladrillo e outros materiais; a madeira e os metais volven ser os residuos máis depositados no Punto Limpo municipal do Milladoiro, cun total de 4.966 quilogramos de lixo procedente da construción (formigón, ladrillos e outros); 4.871 quilogramos de madeira; e 1.827 quilogramos de metais. Ademais, os usuarios e usuarias tamén desbotaron, 1.037 quilogramos de plásticos e 694 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES).
Por outra banda, rexistráronse 1.037 quilogramos de plásticos; 269 quilogramos de envases de papel e de cartón; 188 quilogramos de roupa; 177 unidades de residuos voluminosos; 80 litros de aceite usado e 50 de aceite vexetal; 74 unidades de residuos fluorescentes; 49 monitores e pantallas de tipo CRT -R5; e 82 quilogramos de lodos de pintura entre outros residuos.
Punto Limpo Móbil
En canto ao Punto Limpo móbil, os PAES foron os residuos máis recorrentes, cun total de 34 unidades. Seguíronlle os metais con 16 quilogramos; a madeira con 10 quilogramos; e o aceite usado, tamén con 10 quilogramos. Ademais, depositáronse 9 quilogramos de aceite vexetal; 7 quilogramos de voluminosos; 4 quilogramos de fluorescentes; 3 quilogramos de plásticos; 3 quilogramos de envases baleiros contaminados; 3 quilogramos de lodos de pintura; 3 quilogramos de produtos fotoquímicos; 2 quilogramos de roupa; 2 unidades de monitores e pantallas; e 1 quilogramo de envases compostos.
Horario e teléfono de contacto do Punto Limpo
O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do parque empresarial Novo Milladoiro e ata alí pode achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel. Ofrece os seus servizos de luns a sábado en horario de mañá e de tarde. Así, o Punto Limpo abre de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, seis días á semana. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.
Os voluminosos deben entregarse no Punto Limpo. Outra opción é chamar aos números de teléfono 981 19 12 40 ou 639 10 76 38, e acordar unha data e un lugar para depositalos xunto ao contedor máis próximo e que, posteriormente, sexan recollidos.
Servizo do Punto Limpo Móbil
O Punto Limpo Móbil entrou en funcionamento en 2023, ampliando os servizos do Punto Limpo municipal do Milladoiro. Deste xeito, o último sábado de cada mes o Punto Limpo Móbil presta servizo nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas e Agro do Muíño, nos seguintes horarios:
-Urbanización de Aldea Nova: está diante do Centro de usos múltiples de Aldea Nova, en horario de 11.00 a 11.45 horas.
-Urbanización de Agro do Muíño: está na dársena de autobuses do CEIP Agro do Muíño, en horario de 12.00 a 12.45 horas.
-Urbanización de As Mimosas: está na zona da piscina, en horario de 12.55 a 13.30 horas.
O vehículo consta dunha plataforma móbil que se abre en dúas metades deixando un corredor central desde o que se accede aos colectores específicos para cada tipo de residuo. Nel hai un operario para axudar a que todos os residuos se depositen no colector que lles corresponde.
Novas relacionadas
El Correo Gallego: "Ames supera as 700 entradas mensuais no Punto Limpo e reforza a cultura da reciclaxe"





