- Tematica
O centro de depósito de residuos do Concello de Ames rexistrou un total de 714 entradas durante o pasado mes de maio. O Punto Limpo do Milladoiro, situado na rúa das Hedras, rexistrou 681 usuarios/as, mentres que o Punto Limpo Móbil contabilizou 33 usuarios/as. A tendencia dos últimos meses é que se superen as 700 entradas, uns datos que poñen de manifesto a responsabilidade de toda a veciñanza de Ames en materia medioambiental e a importancia de separar e reciclar residuos. Este servizo pode empregarse para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais.
A mestura de formigón, ladrillo e outros materiais; a madeira e os metais volven ser os residuos máis depositados no Punto Limpo municipal do Milladoiro, cun total de 5.264 quilogramos de madeira; 4.657 quilogramos de lixo procedente da construción (formigón, ladrillos e outros); e 1.853 quilogramos de metais. Ademais, os usuarios e usuarias tamén desbotaron, 1.296 quilogramos de plásticos e 697 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES).
Por outra banda, rexistrouse a entrada de 312 unidades de voluminosos; 109 kg de roupa; 24 kg de produtos fotoquímicos; 32 unidades de pneumáticos usados; 59 monitores e pantallas; 52 kg de lodos de pintura; 50 unidades de grandes aparatos electrodomésticos (GAES); 74 unidades de fluorescentes; 19 unidades de envases baleiros de aerosois; 13 kg de envases baleiros contaminados; 169 kg de envases de papel e cartón; 32 kg de envases compostos; 26 litros de aceite vexetal; 61 litros de aceite usado; e 4 kg de absorbentes e trapos.
Punto Limpo Móbil
En canto ao Punto Limpo móbil, os PAES foron os residuos máis recorrentes, cun total de 49 unidades. Seguíronlle os restos de madeira con 23 kg; os voluminosos con 22 kg; e os metais con 19 quilogramos. Ademais, depositáronse 17 kg de produtos fotoquímicos; 9 kg de fluorescentes; 11 kg de plásticos; 4 kg de roupa; 6 kg de mestura de formigón, ladrillos e outros; 6 litros de aceite vexetal; 4 kg e lodos de pintura; 4 unidades de monitores e pantallas; 5 unidades de grandes aparatos electrodomésticos (GAES); 4 unidades de envases baleiros de aerosois; 1 envase baleiro contaminado; e 1 envase composto.
Horario e teléfono de contacto do Punto Limpo
O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do parque empresarial Novo Milladoiro e ata alí pode achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel. Ofrece os seus servizos de luns a sábado en horario de mañá e de tarde. Así, o Punto Limpo abre de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, seis días á semana. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.
Os voluminosos deben entregarse no Punto Limpo. Outra opción é chamar aos números de teléfono 981 19 12 40 ou 639 10 76 38, e acordar unha data e un lugar para depositalos xunto ao contedor máis próximo e que, posteriormente, sexan recollidos.
Servizo do Punto Limpo Móbil
O Punto Limpo Móbil entrou en funcionamento en 2023, ampliando os servizos do Punto Limpo municipal do Milladoiro. Deste xeito, o último sábado de cada mes o Punto Limpo Móbil presta servizo nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas e Agro do Muíño, nos seguintes horarios:
-Urbanización de Aldea Nova: está diante do Centro de usos múltiples de Aldea Nova, en horario de 11.00 a 11.45 horas.
-Urbanización de Agro do Muíño: está na dársena de autobuses do CEIP Agro do Muíño, en horario de 12.00 a 12.45 horas.
-Urbanización de As Mimosas: está na zona da piscina, en horario de 12.55 a 13.30 horas.
O vehículo consta dunha plataforma móbil que se abre en dúas metades deixando un corredor central desde o que se accede aos colectores específicos para cada tipo de residuo. Nel hai un operario para axudar a que todos os residuos se depositen no colector que lles corresponde.





