Solapas principales

O próximo luns 18 de novembro desenvolverase o obradoiro “Voces Violetas” no Pazo da Peregrina

Jueves, 14 de noviembre de 2019

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ames programa para o próximo luns, 18 de novembro, a actividade Voces Violetas, encadrada dentro da campaña Nós Contra a Violencia. Terá lugar ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e está destinada a nais, pais, persoal docente ou calquera outra persoa interesada. A entrada é de balde ata completar aforo e non se precisa inscrición previa.

A actividade Voces Violetas chega a Concello de Ames da man da Concellaría de Normalización Lingüística. Trátase dunha actividade encadrada dentro do programa Igual-son, incluída na campaña Nós contra a violencia, da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, que se desenvolve no marco do Pacto de Estado contra a Violencia da xénero.

Trátase dun obradoiro de dinamización lingüística e sensibilización contra a violencia de xénero impartido por Eva Mejuto. Ten como obxectivo axudarnos ás persoas adultas a detectar, analizar e combater, dentro do fogar e nos centros educativos, a desigualdade e o maltrato.

Que vai a tratar a actividade?
Segundo o xénero co que nacemos ponse en marcha todo un sistema de expectativas sociais que nos marcan o que temos que ser, sentir, pensar, facer... e que, polo tanto, condicionará a nosa forma de vivir. A través de pezas de cancións (tradicionais, antigas e contemporáneas de diversos xéneros musicais: coplas, boleros, pop, rock, rap e regetón) analizarase a presenza de micro e macro machismos e violencia emocional e verbal que axudan a perpetuar comportamentos de desigualdade.

Tamén serán analizados personaxes de series de ficción actuais, tanto para o público infantil, xuvenil ou adulto, así como personaxes literarios das lecturas máis aclamadas polo público xuvenil proporcionando ferramentas de análise para para sermos quen de detectar, analizar e combater, desde dentro dos nosos fogares, a desigualdade e a violencia.

Cartel Voces Violetas

Multimedia

  • Cartel Voces Violetas