Solapas principales

O roupeiro municipal abre as portas hoxe, luns 11 de maio, para facer fronte ás necesidades urxentes das familias con menos recursos

Lunes, 11 de mayo de 2020

A Concellería de Benestar Social, a través da Oficina de Voluntariado de Ames, informa que hoxe, luns 11 de maio, abre de novo as súas portas o roupeiro municipal. Trátase de facer fronte ás necesidades urxentes de roupa e aveños das familias con menos recursos. Para poñerte en contacto co roupeiro, chama ao 662 377 044 en horario de 9.00 a 14.00 horas ou escribe ao enderezo electrónico voluntariado@concellodeames.gal.

O roupeiro municipal de Ames, situado no edificio de Servizos Múltiples de Aldeanova, almacena a roupa recollida nos centros socioculturais de Bertamiráns e do Milladoiro para a súa posterior distribución entre as veciñas e veciños que a solicitan. A través deste servizo faise fronte ás necesidades básicas de roupa, calzado e aveños das persoas con menos recursos do concello. As persoas voluntarias son as principais responsables do funcionamento deste servizo que está en marcha dende o ano 2003 para atender este tipo de necesidades.

Son elas, as persoas voluntarias, as que se encargan de todo o traballo. Seleccionan as prendas que serven para despois organizalas por tallas e por tipo de roupa (de muller, de home, para cativos, etc.). Posteriormente, cando se fai unha petición por parte dalgún usuario/a, estes voluntarios ocúpanse de seleccionar a roupa e elaboran un paquete que se adapte ás características e demandas da persoa solicitante.

O proceso de recollida de roupa, calzado e aveños da vida cotiá levaríase a cabo, en circunstancias normais, nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Pero polo de agora, por precaución, non se recollerá roupa. Se chega a precisarse, publicarase a información nesta páxina web sobre como facer as entregas.

Apertura do roupeiro municipal

Multimedia

  • Apertura do roupeiro municipal