Solapas principales

O programa Trouleando invita á mocidade amesá a participar nun Scape Room Online

Miércoles, 09 de diciembre de 2020

A Concellería de Mocidade organizou, para os os días 18 e 19 de decembro, un Scape Room virtual, a nova actividade do programa Trouleando. O venres 18, a sesión está dirixida á mocidade de entre 12 e 16 anos, mentres que o sábado 19 é para mozos/a que teñan a partir dos 17 anos. O prazo de inscrición, que comeza mañá, xoves 10 de decembro, estará aberto ata o mércores 16 de decembro. As persoas interesadas deberán anotarse enviado un correo electrónico ao enderezo omix@concellodeames.gal.

Este mes de decembro, o programa Trouleando presenta a súa nova actividade dirixida á mocidade, un Scape Room online. Trátanse dun conxunto de xogos en directo onde os rapaces e rapazas participantes conectaranse por streaming aos desafíos a través dunha ligazón privada de Youtube. Durante as sesións, o Game Master iralles propoñendo diferentes enigmas. 

A actividade, organizada pola Concellería de Mocidade, realizarase o venres 18 de decembro, de 19.00 a 20.30 horas, cunha sesión dirixida a mozos de 12 a 16 anos. “Conexión Entrante” é o título do xogo no que un hacker establecerá conexión cos PC´s dos participantes para plantexar unha serie de probas nun tempo limitado.

O sábado, 19 de decembro, os mozos e mozas que teñan a partir dos 17 anos poderán desfrutar da segunda sesión do Scape Room. Nesta ocasión, de 19.000 a 20.30 horas, baixo o nome “Isto non é un xogo”, retarase aos usuarios e usuarias a intentar conseguir ver enteiro un vídeo proxectado. 

Os participantes poderán xogar individualmente ou separados en grupos de amigos/as, sempre e cando estean conectados entre eles. En equipo ou en solitario deberán dar coa resposta ou clave do enigma plantexado e terán que ser os mais rápidos en introducila no sistema. Cada proba estará cronometrada e, ao finalizar o tempo, gañarán puntos dependendo do rápidos que foran.

Ao longo dos desafíos o Game Master irá informando aos xogadores de que equipo ou xogador foi o máis rápido e ao final farase un ranking cos gañadores do Scape Room.

A concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, destaca que “as actividades virtuais de “Conexión Entrante” e de “Isto non é un xogo” estarán cheas de probas, pero tamén de charlas e vaciles cos participantes entre as probas. Son xogos moi interactivos cun Game Master moi sarcástico”.

Prazo de inscrición 

Para inscribirse débese estar empadroado/a no Concello de Ames e ter de 12 anos cumpridos en adiante. Se queres participar cubre a ficha de inscrición e envía a omix@concellodeames.gal.

O prazo para entregar a ficha de inscrición estará aberto dende este xoves, 10 de decembro, e ata o vindeiro mércores 16 de decembro. As prazas son limitadas. Para resolver calquera dúbida contacta coa OMIX, a través do número de teléfono 616 083 229 ou enviando un correo electrónico a omix@concellodeames.gal.

cartel Escape Room portada

Multimedia

  • cartel Escape Room