- Tematica
O programa SaúdeAndo 2026-2027 comezará o día 1 de outubro con 33 novas andainas que sairán dos centros de saúde do Milladoiro e Bertamiráns. Estas andainas, organizadas pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o curso, ata o mes de xuño, nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.
O programa SaúdeAndo inclúe un total de 33 andainas entre os meses de outubro e xuño, con 17 saídas desde o centro de saúde de Bertamiráns e outras 16 desde o do Milladoiro. Este curso comezarán o día 1 de outubro en Bertamiráns e finalizarán o vindeiro xoves, 10 de xuño, no mesmo emprazamento.
A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, anima á veciñanza a acudir a estas andainas pois “son unha forma fácil e entretida de poñernos de novo en forma despois da inactividade do verán”. Por outra banda tamén explica que as andainas, a parte do compoñente de saúde física teñen un impacto positivo na saúde mental de quen as practica, facendo posible a socialización e a creación de lazos afectivos: “o grupo de persoas que acude a este tipo de actividades está totalmente consolidado, xa é case coma unha gran familia”, finaliza dicindo a concelleira.
Datas do SaúdeAndo 2026-2027
Na edición 2026-2027, que constará de 33 andainas circulares, as datas dos percorridos que partirán sempre ás 17.30 horas dende os centros de saúde do Milladoiro e Bertamiráns, serán as seguintes:
-Bertamiráns: outubro os días 1, 15 e 29; novembro os días 12 e 26; decembro o día 10; xaneiro os días 14 e 28; febreiro os días 11 e 25; marzo o día 11; abril os días 1, 15 e 29; maio os días 13 e 27; e xuño o día 10.
-O Milladoiro: outubro os días 8 e 22; novembro os días 5 e 9; decembro os días 3 e 17; xaneiro os días 7 e 21; febreiro os días 4 e 18; marzo os días 4 e 18; abril os días 8 e 22; maio o día 20; e xuño o día 3.
El Correo Gallego: "Una treintena de andainas en Ames para poner en forma el cuerpo y socializar"






