Solapas principales

O programa Amessán pecha o curso 2021-22 xuntando arredor de 170 persoas nas súas clausuras

Martes, 21 de junio de 2022

Este domingo 19 de xuño, o pavillón do CEIP Agro do Muíño acolleu a clausura do programa Amessán 2021-22, nas que arredor de 170 persoas inscritas nesta iniciativa de ocio saudable, xente maior de 60 anos de Ames, puideron gozar dun xantar familiar, de xogos populares e de música e baile. Ademais, mostraron en diferentes actuacións o aprendido ao longo do ano nas clases de ximnasia, memoria, música tradicional, bailoterapia ou manualidades.

O programa Amessán, dirixido a persoas de 60 anos en diante, é unha iniciativa de envellecemento activo conformada arredor de obradoiros e ocio saudable. As actividades deste programa inclúen cursos de estimulación cognitiva, ximnasia terapéutica, música tradicional galega, bailoterapia ou manualidades, pensados para coidar a saúde mental e física das persoas maiores de Ames.

Ao longo do curso, o Amessán celebra diferentes eventos especiais, que se suman ás actividades habituais do programa. Deste xeito, ao longo deste período 2021-22, celebrouse un Festival de Nadal, unha Festa de Entroido, e recentemente abriuse o prazo de inscrición para o seu campamento sénior, que se desenvolverá durante os martes e xoves do mes de xullo.

Na liña destas celebracións eventuais, e coa chegada do verán e o remate do programa ata setembro, o Amessán celebrou este pasado domingo 19 as súas clausuras, cunha xuntanza das persoas participantes no pavillón do CEIP Agro do Muíño. Aproximadamente unhas 170 persoas participaron nas actividades, que comezaron cun xantar familiar, na que as persoas usuarias trouxeron comida para gozala xuntos e xuntas nunhas mesas habilitadas no pavillón.

As clausuras incluíron ao longo da xornada unha serie de xogos cooperativos e populares, así como a disputa dun gran xogo do bingo. O día contou tamén coas actuacións do grupo de pandeireteiras do Amessán e dos participantes noutras actividades, que puideron mostrar o aprendido nos talleres de ximnasia, memoria, baile ou manualidades. Por último, as clausuras remataron coa actuación musical de Luís Rey.

A concelleira de Benestar Social, Luisa Feijóo, indicou do Amessán que “é un dos programas que mais satisfaccións nos dan e que máis intentamos mimar pola poboación a que vai dirixido, que tanto nos dan e nos aportan no día a día”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Mayores muy activos y de fiesta con el Amessán"

O programa Amessán pecha o curso 2021-22 xuntando arredor de 170 persoas nas súas clausuras

Multimedia

  • O programa Amessán pecha o curso 2021-22 xuntando arredor de 170 persoas nas súas clausuras
  • O programa Amessán pecha o curso 2021-22 xuntando arredor de 170 persoas nas súas clausuras
  • O programa Amessán pecha o curso 2021-22 xuntando arredor de 170 persoas nas súas clausuras
  • O programa Amessán pecha o curso 2021-22 xuntando arredor de 170 persoas nas súas clausuras