Solapas principales

O prazo para preinscribirse nas Escolas deportivas do curso 2022-2023 está aberto do 12 ao 18 de setembro

Viernes, 16 de septiembre de 2022

O luns, 12 de setembro, abre o prazo de preinscrición na nova programación das Escolas deportivas do Concello de Ames para o curso 2022-2023. O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 18 de setembro. A xestión realizarase telematicamente a través da plataforma Cronos. Neste prazo de inscrición, cada persoa só poderá inscribirse nunha escola deportiva e non se permitirá a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade. Non se poderán facer inscricións de xeito presencial. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, realizarase un sorteo o 19 de setembro. Non se conceden as prazas por orde de inscrición. A listaxe de admitidos publicarase o 20 de setembro na páxina web do Concello de Ames. Como novidade, amplíase un novo grupo de pilates en Aldea Nova e outro grupo en Bugallido.

O programa das Escolas deportivas para o curso 2022-2023 xa está pechado. As actividades organizadas pola Concellaría de Deportes do Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña volverán o luns 3 de outubro de 2022 e rematarán o 17 de xuño de 2023. Preme nesta ligazón para coñecer en detalle as instrucións de preinscrición e mailas actividades ofertadas.

Este curso as Escolas deportivas contan na categoría de formación deportiva con ballet, baloncesto, fútbol sala feminino, fútbol sala mixto, judo, natación, patinaxe, predeporte, squash, tenis, voleibol, xadrez e ximnasia rítmica. Os maiores de 14 anos poderán inscribirse nas actividades do programa “Ponte en Forma”, que inclúe adestramento funcional; aerozumba; ioga; GAP (hipopresivos) – Aerocombat; pilates; spinning, abdominais e glúteos; e ximnasia de mantemento. Este ano como novidade, increméntase un novo grupo de pilates en Aldea Nova e outro grupo en Bugallido.

As tarifas para o curso completo son de 48 euros para os maiores de 18 anos e de 32 euros para os menores de 18 anos. No caso do segundo membro da unidade familiar serían 16 euros e no dun terceiro membro e seguintes de 8 euros.

Preinscrición
O prazo de preinscrición vai do 12 ao 18 de setembro e realizarase unicamente a través da plataforma Cronos. Para poder inscribirse é necesario darse de alta seguindo as indicacións da propia plataforma. No caso dun/dunha menor, primeiro deberá de darse de alta o pai, nai ou titor como titular, confirmar o correo electrónico recibido e despois darase de alta o/a menor como beneficiario/a (prema aquí para ver as instruccións a seguir). A inscrición xerará un número de rexistro que será o número co que se identifique a persoa inscrita na listaxe xerada polo resultado do sorteo.

Neste prazo de inscrición, cada persoa só poderá inscribirse nunha escola deportiva e non se permitirá a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade. Non se poderán facer inscricións de xeito presencial. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, realizarase un sorteo o 19 de setembro. Non se conceden as prazas por orde de inscrición. A listaxe de admitidos publicarase o 20 de setembro na páxina web do Concello de Ames.

A poboación empadroada no concello de Ames poderá inscribirse e formalizar a matrícula durante o prazo de inscrición (no mes de setembro). Durante o curso tamén se poderá inscribir aboando a parte proporcional do custe do curso completo. A poboación non empadroada poderá inscribirse unha vez rematado o prazo de inscrición do mes de setembro e sempre e cando queden prazas libres.

Para máis información sobre as actividades deportivas pódese chamar aos números de teléfono 619 842 504 e 981 535 940. Outra opción é enviar un correo electrónico aos enderezos:deportes@concellodeames.gal e deportes.milladoiro@concellodeames.gal.

Método de pagamento
Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal o 20 de setembro, as persoas que obtiveran praza deben solicitar a folla de autoliquidación nas Oficinas de Recadación.

Este trámite poderá realizarse a través do correo electrónico ames@canaltributos.com, chamando ao número de teléfono 981 88 48 96 ou realizar a autoliquidación a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello (non precisa certificado electrónico) premendo na opción de “pagar taxas”. Outra opción é acudir de xeito presencial ás oficinas da praza Horta de Abaixo, nº 6 en Bertamiráns ou na rúa Viorneira, nº 6 no Milladoiro.

Unha vez feita a autoliquidación no prazo estipulado (do 20 ao 27 de setembro), non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega automaticamente. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.

Inscrición ao longo do curso
Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado inscrito nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libre. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o curso.

Baixas
No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito. A cota poderá devolverse en supostos de baixa por forza maior (enfermidade acreditada). Se o alumno/a non acode á clase durante un mes seguido e non xustifica por escrito dita ausencia, poderá darse de baixa de oficio e ofrecerlle a praza a outra persoa.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Siete días para que cientos de usuarios se preinscriban en su escuela deportiva"

La Voz de Galicia: "Ames oferta doce escuelas deportivas para menores de 14 años"

La Voz de Galicia: "Ames, Oroso, O Pino y Melide se ponen en forma con las escuelas deportivas"

AMSGO!: "As Escolas Deportivas 2022-2023 abren o vindeiro luns o período de inscricións"

Cartel do programa Escolas deportivas 2022-2023

Multimedia

  • Folleto informativo das escolas deportivas
  • Folleto informativo das escolas deportivas
  • Folleto informativo das escolas deportivas