Solapas principales

O Pleno Telemático deste xoves, 28 de maio, pódese seguir vía streaming

Jueves, 28 de mayo de 2020

Hoxe, ás 20.30 horas, celebrarase de forma telemática o pleno ordinario correspondente ao mes de maio. As persoas que estean interesadas en seguir en directo dito pleno poden facelo premendo no banner que está colocado na cabeceira da páxina de inicio da web municipal. Deste xeito, accederán a unha canle para ver vía streaming a sesión plenaria.

Coa posta en funcionamento da aplicación Councilbox pódese realizar hoxe, a partir das 20.30 horas, unha nova sesión plenaria, na que a Corporación municipal debaterá os temas incluídos na orde do día do pleno ordinario do mes de maio de 2020. Esta é a cuarta sesión plenaria que se realiza deste xeito, despois dos plenos ordinarios de marzo e abril, celebrados os días 16 e 30 de abril, e do pleno extraordinario do 14 de maio. Preme aquí para consultar a orde do día do pleno ordinario de maio de 2020.

A Corporación municipal debaterá a segunda prórroga do contrato de xestión do servizo público Ciclo Integral da Auga; a adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) de Galicia; e a aprobación proxecto corrixido de reforma vestiarios campo de fútbol de Bertamiráns.

Ademais, abordarse a incorporación do Concello de Ames á Incorporación á Red Innpulso; a modificación da ordenanza número 3 reguladora do prezo público pola utilización das instalacións deportivas e culturais; a modificación das bases número 20 e 26 do orzamento municipal de 2020; o recurso de reposición presentado por Serviocio contra o acordo plenario do 16 de abril de 2020, así como a ratificación de tres decretos de alcaldía aprobados durante este mes de maio.

Procedemento do Pleno Telemático
A través desta aplicación, durante a realización da sesión, tan só se ve á persoa que está falando en cada momento coa quenda de palabra, e non a todos os/as participantes. O presidente do Pleno, neste caso o alcalde, é o encargado de darlle a palabra a cada participante. Dita aplicación permite establecer o quórum necesario para aprobar os asuntos tratados na sesión plenaria e elaborar unha orde dos día cos puntos a tratar.

A aplicación coa que se realiza o Pleno Telemático inclúe unha opción para votar de xeito telemático (a favor, en contra ou para absterse) e de forma certificada. Unha vez feita a votación a propia aplicación fai reconto de votos e confirma se o asunto foi aprobado ou rexeitado.

O pleno será gravado e a citada aplicación permite facer un borrador de acta que tamén se pode converter a formato texto. O pleno poderase seguir en directo vía streaming. Para iso tan só hai que premer no banner que está colocado na cabeceira da páxina de inicio da web municipal.

O Pleno Telemático deste xoves, 28 de maio, pódese seguir vía streaming