Solapas principales

O persoal de cociña do comedor municipal do CEIP Agro do Muíño preparou máis de 1.000 orellas de Entroido

Martes, 02 de febrero de 2016

[02-02-2016] Os cociñeiros e cociñeiras que traballan no comedor municipal do CEIP Agro do Muíño deixaron hoxe de lado a súa tarefa habitual de cociñar os menús escolares para preparar, no seu lugar, as máis de 1.000 orellas de Entroido que os nenos e nenas poderán probar mañá como sobremesa dentro do menú da Rede Municipal de Comedores Escolares do Concello de Ames.

O alumnado do CEIP Agro do Muíño chega á escola disfrazado con sombreiros de todo tipo: vense boinas, sombreiros de vaqueiro ou viseras. É unha forma de achegar o Entroido ás aulas, pero non a única. As festas chegan tamén a través da comida, en forma de sobremesas típicas destas datas. Non haberá só orellas, xa que durante a mañá do mércores prepararanse ademais filloas para todos aqueles rapaces e rapazas que teñen intolerancias alimenticias.

Se para as orellas botouse man de 5 quilogramos de manteiga, 1 quilogramo de azucre, 25 botes de anís, 16 litros de ovo, 15 limóns e 30 quilogramos de fariña, para as filloas precísase fariña de arroz, auga e, como sinalan os cociñeiros e cociñeiras "moita paciencia". As filloas deben prepararse o mesmo día que se consumen, debido aos ingredientes que levan.

Mentres que no comedor do CEIP Agro do Muíño o equipo de cociña dedicábase á labor de amasar, cortar e fritir as orellas, a preparación dos menús escolares trasladouse á cociña da Escola Infantil do Milladoiro, para "evitar así as contaminacións cruzadas", segundo indica o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil.