Solapas principales

O Pazo da Peregrina acolleu o acto de recibimento dos 166 gardas civís alumnos que desenvolverán o seu período de prácticas en Galicia

Lunes, 29 de junio de 2026

O Pazo da Peregrina acolleu esta mañá o acto no que foron recibidos os 166 gardas civís alumnos/as, que realizarán as súas prácticas en Galicia. Os/as axentes estarán distribuídos polas catro provincias: 69 na Coruña, 37 en Pontevedra, 31 en Ourense e 29 en Lugo. Tres destes axentes realizarán as súas prácticas no posto do Milladoiro. Dito acto estivo presidido polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o alcalde de Ames, Blas García; o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde; o coronel xefe da Comandancia de Lugo e xefe interino da Zona 15 da Garda Civil, Luis Germán Avilés; e o oficial da Policía Local de Ames, Maximino García. En total son 3.123 gardas civís alumnos en prácticas os que se incorporan a unidades en toda España, dos cales 166 farano en Galicia. Terán que realizar 40 semanas de prácticas para terminar a súa formación.

Un total de 166 gardas civís alumnos e alumnas en prácticas incorporaranse a partir de hoxe, 29 de xuño, a diferentes unidades territoriais de seguridade cidadá en Galicia, iniciando así a segunda fase do seu período formativo. Esta cifra global supón un incremento de 52 gardas respecto do ano anterior. Tres destes axentes realizarán as súas prácticas no Cuartel do Milladoiro.

O encargado de abrir o acto foi o alcalde de Ames, Blas García, que dixo “hoxe iniciades unha etapa de servizo á cidadanía. En Ames dispoñemos dun cuartel de referencia nesta zona como é o do Milladoiro. Aproveito para agradecer ao delegado e subdelegado polo traballo que levamos facendo aquí. Algúns de vós faredes as vosas prácticas neste cuartel. Ames é un dos concellos máis seguros de Galicia, por encima da media galega e provincial. Isto é gracias ao traballo efectivo, serio, rigoroso e constante que se fai dende dito cuartel da Garda Civil. Tamén quero destacar o traballo conxunto que se realiza entre a Garda Civil e a Policía Local de Ames”. 

Antes de rematar o rexedor municipal destacou que “en 2015, cando entrei como concelleiro no Goberno municipal, había 40 gardas civís no Cuartel do Milladoiro, agora hai 60 axentes, pero aínda así é necesario máis persoal e máis recursos para atender as necesidades que hai na actualidade. É preciso modernizar as instalacións dos cuarteis da Garda Civil”. Por último, convidou aos/as axentes en prácticas “a desfrutar do traballo e ser felices niso que nos toca facer no día a día”. 

A continuación, o coronel xefe da Comandancia de Lugo e xefe interino da Zona 15 da Garda Civil, Luis Germán Avilés, explicou que “os 166 gardas civís alumnos e alumnas comezan unha nova etapa na súa formación tras un ano académico eminentemente teórico. Deste xeito, van a pasar a prestar servizo en unidades de seguridade cidadá, polo que constitúen un importante reforzo para as unidades de seguridade cidadá da Garda Civil en Galicia. O traballo que van a desenvolver é vocacional e de servizo ao cidadán, para a súa protección, auxilio e para a persecución de condutas ilícitas en prol dunha maior seguridade. Debido a isto pídolles compromiso e vocación, para que a Garda Civil siga sendo un corpo próximo, amable, serio e que está sempre ao lado do cidadán”.

Servizo público, compromiso e proximidade
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, salientou en Ames o reforzo dos 166 gardas civís en prácticas que consolidarán a posición de Galicia como a segunda Comunidade máis segura de España. O delegado deu a benvida ás novas e novos efectivos en prácticas cos que contará este corpo de seguridade en Galicia.

Na súa intervención, Pedro Blanco destacou o papel que desenvolve a Garda Civil en Galicia e que representa “o seu espírito de servizo público, compromiso e proximidade”. “Nun territorio complexo e variado, con realidades moi diversas, a Garda Civil é clave para vertebrar o territorio, para protexer á poboación e para reforzar a confianza da cidadanía nas institucións”, subliñou.

Neste sentido, o delegado agradeceu o labor dos máis de 5.000 axentes da Garda Civil en Galicia “cuxa presenza é fundamental para garantir a igualdade de dereitos e oportunidades para todos os galegos e galegas, vivan onde vivan”, un feito que, lembrou, “é amplamente apreciado pola nosa cidadanía”. Ao mesmo tempo, destacou que “a súa profesionalidade elevou o índice de eficacia policial á mellor cifra da última década”.

Pedro Blanco fixo fincapé no reforzo de efectivos que está a realizar o Goberno nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, cunha promoción que é a máis numerosa dos últimos anos, ao superar amplamente as 3.000 prazas e destacou que a seguinte convocatoria será aínda maior, converténdose na máis ampla dos últimos 18 anos, cun 4% máis de prazas.

O delegado salientou que a aposta do Ministerio do Interior pola seguridade non se limita ao incremento dos cadros de persoal, senón que tamén se traduce no impulso de novas instalacións e na mellora dos recursos materiais, o que repercute directamente nas condicións de traballo dos e das axentes, “que visten un uniforme que representa valores que transcenden o tempo: lealdade, integridade e servizo”.

Pedro Blanco tamén tivo palabras de agradecemento para o Concello de Ames e para o seu alcalde, Blas García, pola acollida dispensada e pola colaboración, destacando a súa disposición para acoller iniciativas que contribúen a achegar o labor da Garda Civil e das institucións á cidadanía.

Reforzo na Comunidade Autónoma de Galicia 
No caso específico de Galicia, a comunidade recibe este ano a un total de 166 gardas civís alumnos. Con esta nova incorporación de alumnado en prácticas, Galicia suma 166 novos efectivos: 69 na Coruña, 37 en Pontevedra, 31 en Ourense e 29 en Lugo. Este volume de incorporacións reflicte un notable incremento no reforzo do persoal territorial con respecto ao ano 2025, período no que se destinaron 114 alumnos á Galicia. Pedro Blanco animounos a exercer a súa función “con vocación de servizo público, respecto e compromiso co pobo galego”.

Con este despregue, a Garda Civil optimiza as súas capacidades operativas en Galicia xusto ao comezo da tempada de verán, garantindo unha maior presenza policial nas zonas rurais e costeiras do territorio galego durante as 40 semanas que durará este período de prácticas formativas.

O Pazo da Peregrina acolleu o acto de recibimento dos 166 gardas civís alumnos que desenvolverán o seu período de prácticas en Galicia

Multimedia

  • O Pazo da Peregrina acolleu o acto de recibimento dos 166 gardas civís alumnos que desenvolverán o seu período de prácticas en Galicia