Solapas principales

O Partido Popular de Teo e Ames solicita mellorar a seguridade viaria na estrada DP-0206 ao seu paso por Calo e Agrela

Miércoles, 29 de octubre de 2025

A presidenta do PP de Teo, Lucía Calvo, xunto coa portavoz do PP de Ames, María Oliva Agra, mantiveron hoxe un encontro co portavoz do Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación, Evaristo Ben, para demandar urxente unha mellora da seguridade viaria na estrada provincial DP-0206 ao seu paso polos núcleos de Calo (Teo) e Agrela (Ames).

Así, cabe sinalar que por esa estrada transitan anualmente milleiros de peregrinos, xa que ambos treitos están no Camiño de Santiago, ademais da propia veciñanza dos lugares. Unha estrada que, na actualidade, presenta condicións de tránsito pouco seguras debido á ausencia dunha senda peonil, o que deriva nun risco para a seguridade viaria e unha diminución na propia calidade do percorrido do Camiño de Santiago. Ademais, a falta de dita senda contradí os principios de accesibilidade e mobilidade sostible que deben rexer as actuacións das administracións públicas, especialmente en zonas como estas de alto valor cultural e turístico.

Neste senso, Calvo de la Uz, Agra e Ben trasladáronse esta mañá ata o límite de ambos municipios para comprobar in situ esa falta de seguridade, constantando a perigosidade para os viandantes, que se incrementa ao ser unha estrada con moito tránsito de vehículos. O portavoz do PP na Deputación asegurou que se trata dunha demanda de peso, pois ademais da propia seguridade cidadá, tamén supón unha diminución na calidade e imaxe do Camiño de Santiago que pasa por eses puntos.

Por iso, a petición será trasladada á Deputación Provincial da Coruña para que, de forma urxente, inicie os traballos necesarios para a redacción e execución dunha senda peonil nesta estrada provincial, co fin de garantir a máxima seguridade.