Solapas principales

O Milladoiro acolle unha nova xuntanza da asociación Acougo sobre o acollemento familiar

Miércoles, 23 de marzo de 2022

A Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) realiza este semana un segundo encontro entre persoas da comunidade do acollemento, co fin de compartir dúbidas, experiencias ou preocupacións. Será o sábado 26, as 17:30 horas, no antigo centro de saúde do Milladoiro. Para participar nesta xuntanza, cómpre contactar a Acougo no teléfono 622 672 188, ou ben no enderezo electrónico info@acougo.gal.

A asociación Acougo continúa este sábado as súas “Xuntanzas en familia”, uns encontros entre familias acolledoras ou en proceso de idoneidade, educadores e educadoras dos centros residenciais e persoas con inquedanzas sobre a acollida. O obxectivo é resolver dúbidas e compartir preocupacións e experiencias, para así reforzar a comunidade do acollemento e fortalecer esta rede de colaboradoras e colaboradores.

En Galicia hai máis de un milleiro de menores acollidos temporalmente en centros residenciais, mentres as súas propias familias non poden facerse cargo deles. O acollemento familiar busca aportar unha solución a este problema, aportando un recurso temporal e revocable, co fin de que os e as menores poidan gozar dunha vida familiar.

Este é o segundo encontro de Acougo levado a cabo no Milladoiro dende comezos de ano, despois de que o programa “Xuntanzas en familia” arrincará no núcleo amesán o pasado sábado 19 de febreiro.

Para participar nesta xuntanza, débese contactar con Acougo, a través do número de teléfono 622 672 188 ou do enderezo electrónico info@acougo.gal.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Animan a achegarse ao proceso de acollemento de menores con Acougo"

O Milladoiro acolle unha nova xuntanza da asociación Acougo sobre o acollemento familiar

Multimedia

  • O Milladoiro acolle unha nova xuntanza da asociación Acougo sobre o acollemento familiar