Solapas principales

O luns 30 de xaneiro comenzarán as obras da primeira subfase da améndoa central de Bertamiráns co valado da praza da Maía

Viernes, 27 de enero de 2023

O Concello de Ames informa de que o vindeiro luns, 30 de xaneiro, comenzarán a executarse as obras da primeira subfase da améndoa central de Bertamiráns co valado da praza da Maia. As primeiras actuacións en dita praza serán na parte máis próxima a avenida da Maia e irán avanzando cara a Travesía da Peregrina. Intentarase que as molestias ocasionadas sexan as mínimas, pero será inevitable que haxa algunha alteración que afecte ao tráfico de vehículos e peonil, así como as entradas e saídas de garaxes. Dito proxecto foi adxudicado á Unión Temporal de Empresas Construcciones Cernadas SL y Vázquez y Reino SL “UTE Impulsa Ames”, por un importe de 1.347.000 euros (IVE incluído). Actuarase en seis rúas e dúas prazas en tres fases distintas de execución. Esta semana realizouse unha xuntanza de coordinación previa ao inicio das obras. Preme nesta ligazón para descargar o díptico informativo de dito proxecto.

O Concello de Ames está inmerso no desenvolvemento das actuacións recollidas na EDUSI Impulsa Ames. Un dos proxectos máis importante que se vai a executar é a creación dunha améndoa central no núcleo urbano de Bertamiráns, que será un espazo público de calidade no que se lle dará prioridade ás persoas, pero sen prohibir o tráfico rodade de vehículos. Actuarase en seis rúas e dúas prazas en tres fases distintas de execución. Converterase nun grande espazo cidadán no que se dean todas as facilidades aos percorridos a pé e en bicicleta e se dinamicen as actividades comerciais e de ocio. Premendo nesta ligazón podes ver o vídeo explicativo deste proxecto.

Esta actuación é unha das boas prácticas enmarcadas na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable (EDUSI), Impulsa Ames, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Con esta actuación o Concello abordará as principais dificultades e desafíos que xorden ao amparo do crecemento físico experimentado polo municipio nas últimas décadas. Este novo espazo público de calidade ten un triplo obxectivo: convidar a que os percorridos cotiáns da poboación se realicen a pé; proporcionar unha boa comunicación cos equipamentos públicos e as zonas verdes; e contribuír á dinamización da economía local.

As actuacións acometeranse sobre o sistema viario xa existente, pensado e proxectado nun inicio dende a perspectiva do automóbil, pero reverterán esta situación en favor do tráfico peonil e ciclista, de xeito que a améndoa central se converta nun grande espazo cidadán no que se dean todas as facilidades aos percorridos a pé e en bicicleta e se dinamicen as actividades comerciais e de ocio.

Comezo das obras pola praza da Maía
O Concello de Ames informa de que o vindeiro luns, 30 de xaneiro, comenzarán a executarse as obras da primeira subfase da améndoa central de Bertamiráns co valado da praza da Maia. As primeiras actuacións en dita praza serán na parte máis próxima a avenida da Maia e irán avanzando cara a Travesía da Peregrina. Intentarase que as molestias ocasionadas sexan as mínimas, pero será inevitable que haxa algunha alteración que afecte ao tráfico de vehículos e peonil, así como as entradas e saídas de garaxes. Preme aquí para descargar o bando informativo sobre as obras da primeira subfase da améndoa central de Bertamiráns.

O Concello realiza unha serie de consideracións a ter en conta por parte da veciñanza:
-Os accesos aos portais e aos negocios non se verán afectados, haberá paso para os peóns de xeito permanente.
-Habilitaranse espazos de carga e descarga nunha zona próxima a praza para dar servizo aos comercios.
-A zona de colectores soterrados quedará anulada, colocándose colectores de superficie nas proximidades deste emprazamento.
-Nas primeiras semanas de traballo os accesos aos garaxes non se verán afectados.

Unha vez vaian avanzando as obras da primeira subfase, poderá anularse algunha entrada de garaxe, que será comunicada ás persoas propietarias e as xestorías encargadas das Comunidades, coa suficiente antelación, a través de Bandos de Alcaldía, para que sexan coñecedores das datas nas cales sufrirán algún tipo de alteración.

-Habilitarase no aparcamento municipal, situado detrás da Policía Local,  unha zona acoutada para que os propietarios que se vexan afectados polos peches de garaxes poidan aparcar os seus vehículos nas datas nas que se estableza o dito peche.

O alcalde, Blas García, explica que “somos conscientes de que durante a súa execución haberá certo trastorno, coma en todos os cambios que merecen a pena. Por iso acometeremos as obras por fases, divididas en tres localizacións concretas que, cando rematen, serán un único espazo público de calidade, con continuidade e cohesión”. Tamén destaca que o Concello de Ames está traballando para crear novas bolsas de aparcamento en Bertamiráns. Para elo estase falando cos propietarios/as de parcelas que poderían albergar eses novos aparcadoiros.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Las obras de la almendra central de Bertamiráns arrancarán con el vallado de la plaza de A Maía"

Plano informativo das obras da primeira subfase da améndoa central de Bertamiráns

Multimedia

  • Esta semana realizouse unha xuntanza de coordinación previa ao inicio das obras
  • Plano do proxecto da améndoa central de Bertamiráns
  • Plano do proxecto da améndoa central de Bertamiráns
  • Esta semana realizouse unha xuntanza de coordinación previa ao inicio das obras
  • Embedded thumbnail for