Solapas principales

O grupo Odaiko presenta no Milladoiro o espectáculo “Odaiko familiar”

Martes, 28 de julio de 2020

A explanada da Casa da Cultura do Milladoiro acolle o 1 de agosto, ás 21:00 horas, o espectáculo Odaiko familiar, do grupo Odaiko. Percusión, acrobacias, elementos circenses e música virtuosa están presentes neste espectáculo que desde o seu nacemento foi visto xa por máis de 25.000 espectadores e que adoita congregar a un público familiar. A actividade está patrocinada pola Rede Galega de Teatros e Auditorios (AGADIC). A entrada é de balde e o aforo limitado por mor das medidas de seguridade.

Como si de un «circo desastre» se tratara, Odaiko monta su propio espectáculo circense no que os elementos de percusión van ser os materiais que servan de base para as súas acrobacias. Baquetas que voan, tambores utilizados como aveños de circo, instrumentos manufacturados e música do máis virtuosa en directo, serán os elementos que farán deste «circo» un espectáculo para que o público desperte o inxenio e se achegue ao fermoso mundo do espectáculo «cirpercutiense».

Odaiko adéntrase neste espectáculo didáctico facendo fincapé en nos tres elementos que o caracterizan como banda: o virtuosismo, o humor e a posta en escena.

Odaiko es un grupo de percusión contemporánea que fusiona sons del jazz, flamenco, folk e sons  tradicionais que proceden de culturas como a indú ou a senegalesa. Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Fran Troncoso, todos eles  músicos multidisciplinares de reputada traxectoria, son os compoñentes de Odaiko Percussion Group.

Con máis de 1.500 concertos ás súas costas, e presenza en festivais tan importantes como Steve Reich Festival (Holanda), o Stok Leuven Contemporain Festival  de Bélxica, o Convención Internacional de Percusión de Taipei ou o Nancy Zeltsman Festival e o Zeltsman Marimba Festival de Estados Unidos, Odaiko encárgase na actualidade da organización do Festival Internacional de Percusión, que se realiza nos primeiros días de agosto nos pendellos de Agolada.

Este sábado, 1 de agosto, Odaiko estará na explanada da Casa da Cultura do Milladoiro con Odaiko familiar, un espectáculo ben acaído para contemplar en familia.

Odaiko é un grupo de percusión