Solapas principales

O grupo municipal de teatro de Ames estrea o venres, 7 de xuño, a obra “Criaturas” de Roberto Vidal Bolaño

Viernes, 31 de mayo de 2019

O vindeiro venres, 7 de xuño, ás 21.00 horas, o grupo municipal de teatro de Ames estrea, na Casa da Cultura do Milladoiro, a obra Criaturas, de Roberto Vidal Bolaño. A peza, dirixida por María Ordóñez, é unha comedia ácida que nos fará plantexarnos quen é máis criatura, se Frankenstein ou a xente coa que se atopa. As entradas, que son de balde, están dispoñibles na billeteira electrónica municipal. Ademais, as persoas interesadas en acudir á función poden tentar conseguir a súa entrada, de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro, desde unha hora antes do comezo do espectáculo. A peza está dirixida a un público adulto.

A obra Criaturas estrearase este venres, 7 de xuño, na Casa da Cultura do Milladoiro ás 21:00 horas. As entradas, que son de balde, están dispoñibles na Billeteira electrónica municipal ata dúas horas antes da función. Porén, o 10% dos convites resérvanse para entregar, de xeito presencial, desde unha hora antes do comezo do espectáculo. Como máximo poden obterse 4 convites por persoa.

A trama da peza xira arredor de Frankenstein, que na súa derradeira viaxe, vaise cruzando cunha serie de personaxes anónimas coas que todas e todos, convivimos diariamente e coas que nos relacionamos con total naturalidade. Trátase dunha comedia ácida que nos fará plantexarnos quen é máis criatura, se o monstro ideado por Mary Shelley ou a xente coa que se atopa.

Dirixida por María Ordóñez, a obra será interpretada polas actrices e actores do grupo municipal de teatro de Ames. Desta maneira, conforman o elenco Pablo Núñez, Patricia López, Eva García, Antía Villarino, María Jesús Pena, Carlos Labraña, Emilia Mayo, Chiruca Tarrío, Noemí Graña, Paz Romai e Pilara Gómez.

 O grupo municipal de teatro de Ames estrea o venres, 7 de xuño, a obra “Criaturas” de Roberto Vidal Bolaño

Multimedia

  •  O grupo municipal de teatro de Ames estrea o venres, 7 de xuño, a obra “Criaturas” de Roberto Vidal Bolaño