Solapas principales

O Goberno de Ames acada o compromiso de Naturgy de revisar a rede nos lugares de Oca, Lens e Agrón

Lunes, 16 de enero de 2023

O alcalde de Ames, Blas García, reuniuse co delegado na Coruña de UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, Emilio Castro. A reunión chega logo de que o pasado 2 de xaneiro o alcalde de Ames lle trasladara a través dunha carta a súa preocupación polos cortes de luz que se estaban a sufrir en diferentes puntos do concello. O delegado de UFD na Coruña, Emilio Castro, comprometeuse a “revisar a rede que alimenta os lugares de Oca, Lens e Agrón e a lanzar un plan de actuacións para mellorar o servizo dos veciños e veciñas da zona.”

O pasado 2 de xaneiro de 2022 o alcalde de Ames, Blas García, envioulle unha carta a Naturgy en defensa dos usuarios e usuarios de Ames. Nesa carta o alcalde explicaba as  incidencias acontecidas nas últimas semanas do ano en parroquias como Agrón, Oca e Lens, onde as veciñas e veciños levaban sufrindo cortes de electricidade de maneira continuada. O alcalde recoñecía, tamén, a súa obriga de velar e defender os intereses dos veciños e veciñas e por iso instaba a Naturgy a facilitar información sobre o acontecido e a realizar melloras na liña.

Unha misiva que tivo unha pronta resposta por parte da distribuidora e que se materializou nunha reunión levada a cabo entre o alcalde de Ames Blas García e o delegado na Coruña de UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, Emilio Castro.

Nesta xuntanza analizaron a situación da rede en Ames e o servizo da compañía no concello. O alcalde de Ames trasladoulle a “necesidade de efectuar melloras en distintos núcleos do concello, sobre todo, no rural" e solicitoulle “a súa máxima implicación na defensa dos dereitos das persoas usuarias pois dende UFD xestionan un servizo básico e esencial para os veciños e as veciñas de Ames”.

O delegado de UFD na Coruña, Emilio Castro, adquiriu “o compromiso para impulsar a calidade e fiabilidade do servizo en Ames”. Neste senso, Castro avanzou que “a distribuidora revisará a rede que alimenta os lugares de Oca, Lens e Agrón e lanzará un plan de actuacións para mellorar o servizo aos veciños e veciñas da zona.”

Inversións no concello de Ames
UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, investiu durante o ano 2022 en torno a un millón de euros en varias actuacións no concello de Ames, para aumentar a capacidade da rede de distribución do concello e optimizar a fiabilidade da subministración eléctrica.

A distribuidora instalou un novo centro de transformación e construíu unha nova liña de media e baixa tensión no lugar de Aguapesada. Ademais, reestructurou a rede de media tensión no Milladoiro, co obxecto de incorporar todos os centros de transformación na propia rede de distribución urbana mellorando así a calidade da subministración.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames logra que Naturgy revise la red eléctrica que alimenta Oca, Lens y Agrón"

El Correo Gallego: "Naturgy revisará la red en Oca, Lens y Agrón ante las deficiencias eléctricas"

O Goberno de Ames acada o compromiso de Naturgy de revisar a rede nos lugares de Oca, Len e Agrón