- Tematica
A cativada da escola infantil municipal A Madalena, situada no Milladoiro, está a adicar este mes a estudar os distintos oficios. Para ver como se desenvolven algúns dos traballos que trataron nas aulas, o pasado 22 de marzo recibiron a visita dos servizos de emerxencia do G.E.S de Brión e da asociación canina “Só lles falta falar”, que foi acompañada de varios cans de rescate.
Dar a coñecer aos máis pequenos o seu entorno inmediato de forma que poidan desenvolverse no seu día a día é fundamental. Como parte desta aprendizaxe, o pasado venres a cativada da escola infantil A Madalena recibiu a visita do G.E.S de Brión, que acudiron acompañados de varios cans de rescate da asociación “Só lles falta falar”.
Deste xeito, o alumnado de 2 a 3 anos da escola infantil puido coñecer o traballo que realizan estes colectivos, que trouxeron un coche de bombeiros aos que os nenos e nenas se puideron subir e no que puideron poñer a serea. Ademais, tamén puideron pasear, acariciar e mesmo peitear aos cans de rescate. Os membros dos servizos de emerxencias explicáronlles cales son as súas tarefas e que material empregan para desenvolver o seu traballo. Esta visita enmarcouse no mes dos oficios que estiveron estudando previamente nas aulas.ç
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "El GES de Brión visita a los alumnos de la escuela infantil A Madalena de Ames"