Solapas principales

O fotógrafo amesán Toño Villar gaña o Premio Sony AFPV na categoría de Natureza

Sábado, 21 de marzo de 2026

O fotógrafo Toño Villar, con estudio en Bertamiráns, foi premiado na categoría de Natureza nos Premios Sony AFPV da Comunidad Valenciana, celebrados o pasado 14 de febreiro, onde estaba nomeado en ata tres ocasións noutras tantas categorías. Estes nomeamentos veñen a seguir a liña deste ano, no que tamén conseguiu 3 nomeamentos nos Premios Nacionales Quijote, 2 nomeamentos nos Premios FEPFI, unha Medalla de Bronce e unha Mención de Honra nos Tokyo International Foto Awards, e 2 nomeamentos ós Premios Goya de fotografía.

Toño Villar, fotógrafo amesán afincado profesionalmente en Bertamiráns, está de celebración logo de ser premiado na categoría de Naturaleza dos Premios Sony AFPV da Comunidade Valenciana, uns galardóns deseñados para recoñecer a excelencia na fotografía e o vídeo profesional. O certame abarcaba unha morea de disciplinas, dende Retrato e Voda ata categorías especiais como Estudante, Sénior ou Natureza, onde foi premiado Villar. 

Este premio súmase ao exitoso percorrido que está tendo no ano 2026 o fotógrafo amesán, pois no mes de xaneiro xa fora nomeado en dúas categorías para os Premios Goya de fotografía, no apartado de postvoda e no apartado gráfico.

Tokyo International Foto Awards (TIFA)
Estes nomeamentos súmanse a outros recoñecementos recentes xa que nos pasados meses conseguiu tres nomeamentos nos Premios Nacionais Quijote, dous nomeamentos nos Premios FEPFI, unha medalla de bronce e unha mención de honra nos Tokyo International Foto Awards.

Cómpre destacar que nos Tokyo International Foto Awards (TIFA), fallados no pasado mes de novembro, concedéronlle unha medalla de bronce, na categoría de natureza, pola foto Árbol solitario; e unha mención de honra, na categoría de paisaxe, pola instantánea Niebla en Consuegra.

Exposición O artesán, as mans sabias
Por outra banda, hai que lembrar que Toño Villar, en colaboración co departamento de Cultura do Concello de Ames, expuxo en outubro de 2024, no vestíbulo de exposicións da Casa da Cultura de Bertamiráns, a mostra O artesán, as mans sabias, composta por 21 imaxes que recollen o traballo de Xosé Tunhas, artesán e veciño da parroquia de Trasmonte.

A través das diversas imaxes que integran a mostra, Villar documenta o proceso de fabricación artesanal que segue Tunhas para crear pezas únicas, desde os primeiros pasos ata o produto final. Esta exposición está formada por 21 láminas de un total de 80 sobre o traballo deste artesán.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "El fotógrafo de Ames Toño Villar gana el premio de Naturaleza de los Sony AFPV de la Comunidad Valenciana"

Diario de Santiago: "O fotógrafo amesán Toño Villar gaña o Premio Sony AFPV na categoría de Natureza"

O fotógrafo amesán Toño Villar gaña o Premio Sony AFPV na categoría de Natureza

Multimedia

  • O fotógrafo amesán Toño Villar gaña o Premio Sony AFPV na categoría de Natureza
  • O fotógrafo amesán Toño Villar gaña o Premio Sony AFPV na categoría de Natureza
  • O fotógrafo amesán Toño Villar gaña o Premio Sony AFPV na categoría de Natureza