Solapas principales

O FC Meigas disputa este mércores, 24 de setembro, a segunda eliminatoria da XXXII Copa da Raíña

Martes, 23 de septiembre de 2025

Este mércores, 24 de setembro, o FC Meigas recibirá ao Arriva AD Alcorcón FSF na segunda eliminatoria da trixésimo segunda edición da Copa da Raíña. Trátase dun partido histórico para o club amesán xa que é a primeira vez que o FC Meigas accede á segunda ronda de dita competición. O FC Meigas acadou a clasificación tras superar o ao Valdetires Ferrol FSF, nun emocionante encontro, no que remontou no marcador ata en dúas ocasión ata lograr o definitivo 6-5. O equipo amesán comezou a liga gañando a domicilio ao CD Colegio San José de Extremadura por 2-3.

Este mércores, 24 de setembro, ás 20.00 horas, xogarase a segunda fase da Copa da raíña en Ames. Trátase dun partido histórico para Ames e para o FC Meigas, que acadou a clasificación tras superar o ao Valdetires Ferrol FSF, nun emocionante encontro, no que remontou no marcador ata en dúas ocasión ata lograr o definitivo 6-5.

O equipo de Ames recibirá na segunda rolda ao Arriva AD Alcorcón FSF. O equipo madrileño, histórico do fútbol sala español, é un habitual na disputa dos títulos nacionais e chega a Ames como cuarto clasificado na 1ª División española, tras perder 3-2 ante o LBTL Futsal Alcantarilla. 

O encontro entre o FC Meigas e o Arriva AD Alcorcón FSF celebrarase este mércores, 24 setembro, no pavillón de Bertamiráns. Un día histórico en Ames que de seguro se converterá nunha festa do fútbol sala feminino.

Competición de liga
O equipo amesán comezou a liga gañando a domicilio ao CD Colegio San José, en Extremadura, por 2-3. Na segunda xornada de liga xogará ante CD Segosala o sábado, 27 de setembro, ás 19.00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns.

Novas relacionadas: 

Diario de Santiago: "O FC Meigas disputa este mércores, 24 de setembro, a segunda eliminatoria da XXXII Copa da Raíña"

O FC Meigas disputa este mércores, 24 de setembro, a segunda eliminatoria da XXXII Copa da Raíña