Solapas principales

O FC Meigas debuta esta tempada en competición oficial contra o Vilalba FS

Viernes, 29 de agosto de 2025

Este sábado 30 de agosto o FC Meigas realizará o seu debut en competición oficial, na fase inicial da XIX Copa Galicia feminina recibindo ao Vilalba FS. Tras dous amigables previos fronte a Composala e Ourense Ontime B, o equipo amesán comeza as competicións tras completar tres semanas de pretempada con moitas caras novas. O partido celebrarase ás 20.00 horas no pavillón de Bertamiráns, e o gañador desta fase previa recibirá ao Burela FS. Así mesmo, o próximo día 13 de setembro o Meigas recibirá ao Valdetires Ferrol na fase previa da Copa da Raíña, na que será a súa segunda participación consecutiva.

Comeza unha nova tempada para o FC Meigas. Farao este sábado, 30 de agosto, na fase inicial da Copa Galicia recibindo ao Vilalba FS. O debut en competición oficial será ás 20.00 horas no pavillón municipal de Bertamiráns. O gañador desta fase previa recibirá ao Burela FS.

O club amesán comezou os adestramentos o pasado 11 de agosto cun renovado grupo de xogadoras, xa que das 15 integrantes do equipo que milita na Segunda División do fútbol sala feminino, 10 son novas fichaxes chegadas de Madrid, Avila, León, Cantabria, Brasil e Colombia. Ademais, mantéñense 5 xogadoras que xa formaban parte do equipo a temporada pasada. Esta é a terceira tempada consecutiva do F.C. Meigas na Segunda Federación Futsal feminina.

O FC Meigas comezou os partidos de preparación o pasado mércores, 20 de agosto, contra o Composala. Posteriormente xogou outro partido de preparación contra o Ourense Ontime B. Ademais, durante a primeira semana de setembro disputará outros dous partidos de preparación: o mércores 3 medirase contra o FSF Castro e o sábado 6 contra o Estrela Futsal. 

Así mesmo, o próximo día 13 de setembro o Meigas recibirá ao Valdetires Ferrol na fase previa da Copa da Raíña, na que será a súa segunda participación consecutiva. A competición de liga na Segunda Federación Futsal feminina comezará a terceira fin de semana de setembro.

Novas relacionadas: 

Xornal de Compostela: "O FC Meigas debuta este sábado na Copa Galicia recibindo ao Vilalba FS"

Diario de Santiago: "O FC Meigas debuta esta tempada en competición oficial contra o Vilalba FS"

O FC Meigas debuta esta tempada en competición oficial contra o Vilalba FS